Abbeville é unha cidade francesa do departamento do Somme, na rexión de Picardía.
Tiña 25 439 habitantes en 1999.
Historia
Aparece por primeira vez na historia no século IX como lugar pertencente á abadía de St. Riquier. Máis tarde foi gobernada polos condes de Ponthieu.Franceses e ingleses alternáronse no territorio ata 1435 cando, polo tratado de Arras, foi cedida ao duque de Borgoña Filipe III, o Bo.En 1477 foi anexionado por Lois XI de Francia, e durante os séculos XVI e XVII foi gobernado por dúas ramas ilexítimas da familia real. En 1696 volveu á coroa. Durante o século XVIII a Manufactura Real de Van Robais deu un gran pulo á economía local.
Na segunda guerra mundial a vila foi destruída parcialmente polos bombardeos alemáns e británicos.
Administración O seu alcalde (2014) é Nicolas Dumont, do Partido Socialista FrancésDatos das eleccións municipais de 2014 en Le Monde.
Arquitectura
Igrexa gótica de Saint-Vulfran, construída en 1488.Castelo de Bagatelle datado en 1752.
Economía
A economía local baséase na industria téxtil e na refinería de azucre.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web da cidade, en francés
Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Somme