A biblioteca da iguana é unha longametraxe galega dirixida por Antón Dobao no ano 2005, con guión do propio Antón Dobao e Miguelanxo Prado, baseado nun relato homónimo de Xosé Miranda. Está rodada en Lugo.
Sinopse
Andrés (Evaristo Calvo) é un profesor universitario especializado en Lingüística que descobre unha grave anomalía nunha novela que adquiriu para matar o tempo durante unha viaxe en avión: O que comezara como unha historia seria convértese nun vulgar relato do Oeste.
Personaxes Evaristo Calvo como Andrés Rivas Pepe Soto como Axente Víctor Mosqueira como Carlos Luisa Martínez como Celia Mónica García como Directora Marcos Viéitez como Executivo Iván Prado como Home da Facultade Beatriz Rodríguez como Moza da librería Núria Prims como Lúa Xavi García como Moncho Lorena Vilas como Moza da TVG 1 Cecilia Perolio como Moza da TVG 2 Antón Lopo como Mozo 1 Xulio Abonjo como Mozo 2 Brais Fernández como Mozo 3 Sonia López como Muller da Facultade Carolina Vázquez como Muller do Kiosko Carlos Fernández como Paulo Ozo como Policía Iñaki Beraza como Policía Secreta 1 Ricardo Llovo como Policía Secreta 2 Xosé Manuel Olveira "Pico" como Presidente Mónica Camaño como Rosalía Alfonso Agra como Xefe Policía Monti Castiñeiras como Xulio
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Lugo Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes dirixidos por Antón Dobao