Pataghorobí é unha longametraxe galega dirixida por Ricardo Llovo no ano 2005. Trátase dun filme de suspense de 70 minutos de duración, a primeira TV movie das catro que conformaron o proxecto Un mundo de historias de Televisión de Galicia. A rodaxe da cinta levouse a cabo integramente na cidade de Vigo, sendo o primeiro telefilme rodado en galego.
Sinopse
Un escritor vigués recibe unha carta encadeada coa solicitude de que a reenvíe. Trátase da típica misiva que promete boa sorte se colaboras e ameaza coa desgraza en caso de non continuar coa cadea.
O protagonista non lle dá importancia ó asunto e desfaise do orixinal, aínda que garda unha copia pensando que quizais lle poida servir de inspiración nalgún relato que escriba no futuro.
Pouco despois danse unha serie de feitos desafortunados que fan que lembre aquela misteriosa carta.
Equipo técnico Dirección: Ricardo Llovo Axudante de dirección: Lorena Vilas Produción executiva: Antón Dobao Dirección de arte: Rafa Ferreiro Dirección de fotografía: Alberto Goitia Dirección de produción: Mamen Quintas Script: Xose Antón Perozo
Véxase tamén Ligazóns externas Axencia Audiovisual Galega Consello da Cultura Galega IMDb
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Vigo