O 16 de febreiro é o 47º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 318 días para finalizar o ano, 319 nos anos bisestos.
Acontecementos 1279 - en Portugal, Dinís I é proclamado rei de Portugal trala morte de seu pai Afonso III. 1919 - 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades. 1918 - Lituania declárase independente de Rusia e Alemaña. 1930 - Pacto de Lestrobe: alianza dos partidos galegos: ORGA, Partido Radical, Partido Radical Socialista e Partido Radical Federal, constitúen a Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de vertebrar a autonomía de Galiza e buscar situarse no xogo político español. 1936 - Vitoria electoral da Fronte Popular en España. 1937 - Asasinados en Loenzo os republicanos de Vilagarcía de Arousa Rodrigo Beruete Alejandre, Antonio Basilio Sayanes González, Manuel Limeres Ordóñez e Pilar Fernández Seijo 1944 - Constitúese o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. 1948 - Gerard P. Kuiper descobre a lúa do planeta Urano, Miranda. 1959 - Fidel Castro tórnase primeiro ministro de Cuba. 1985 - Fundación oficial do Hezbolá, no Líbano.
Nacementos miniatura|150px|Hugo de Vries. 1514 - Georg Joachim Rheticus, matemático e astrónomo austríaco (m. 1574). 1848 - Hugo de Vries, botánico holandés. 1848 - Octave Mirbeau, escritor francés (m. 1917). 1882 - Antonio Fernández Gómez, pintor galego (m. 1970). 1882 - Manuel García Filgueira, sindicalista e político galego. 1905 - Onésimo Redondo, político español (m. 1936). 1926 - John Schlesinger, director de cine británico (m. 2003). 1933 - Eduardo Olano Gurriarán, empresario e político galego. 1935 - Nemesio Barxa, xurista e político galego. 1942 - Kim Jong-il, líder comunista da Corea do Norte. 1944 - António Mascarenhas Monteiro, presidente de Cabo Verde. 1958 - Lois Pereiro, poeta galego, adicóuselle o Día das Letras Galegas 2011. 1958 - Oscar Schmidt, xogador de baloncesto brasileiro. 1964 - Bebeto, futbolista brasileiro.
Mortes miniatura|150px|Joan Margarit. 1279 - Afonso III rei de Portugal (n. 1210). 1917 - Octave Mirbeau, escritor francés (n. 1848). 1932 - Ferdinand Buisson, pacifista francés, Premio Nobel (n.1841). 1956 - Desiderio Comesaña Prado, anarcosindicalista galego (n. 1900). 1990 - Keith Haring, pintor norteamericano (n. 1958). 1992 - Janio Quadros, presidente brasileiro (n.1917). 2000 - Suso Vaamonde, músico galego. 2021 - Joan Margarit i Consarnau, poeta e arquitecto catalán (n. 1938).
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro