Un idioma (do latín idiōma, e do grego ἰδίωμα, 'peculiaridade, idiosincrasia, propiedade') é un sistema de comunicación verbal ou xestual propio dunha comunidade humana. Na práctica, os idiomas son un conxunto de sistemas moi similares entre si, chamados dialectos ou máis propiamente variedades lingüísticas, mutuamente intelixibles. A determinación de se dúas desas variedades son parte ou non do mesmo idioma é máis unha cuestión socio-política que lingüística.
Orixes das linguas do mundo Con respecto á orixe das linguas do mundo, algúns estudos defenderon a monoxénese e outros a polixénese, é dicir, uns sosteñen que todas as linguas proveñen dunha única lingua orixinal, mentres que outros argumentan que a linguaxe orixinouse en varios lugares de maneira independente.The Origin and Diversification of Language. Morris Swadesh p.1 En lingüística, a diversidade trata de explicarse mediante os procesos de cambio lingüístico.
Familia indo-europea
Linguas xermánicas occidentais: inglés, frisón, alemán, yiddish, neerlandés, afrikaans, luxemburgués. nórdicas: escandinavo dinamarqués, sueco, noruegués, feroés, islandés. orientais: gótico.
Linguas célticas antigas: galo, lepóntico, gálata, celtibérico. modernas: bretón, galés, irlandés, gaélico escocés, manxés, córnico.
Linguas itálicas latín, osco, umbro,... do latín proceden as linguas románicas: galego, portugués, español/castelán, catalán, occitano, francés, rético, friulano, italiano, sardo, dálmata, romanés.
Linguas baltoeslavas
Linguas eslavas: orientais: ruso, belaruso, ucraíno occidentais: polaco, checo, eslovaco, caxubo, sorbio meridionais: croata, búlgaro, macedonio, esloveno, serbio, bosníaco, montenegrino
Linguas bálticas: lituano, letón, prusiano.
Linguas indoiranias
Linguas iranias antigas: persa antigo, avéstico, pélevi. modernas: kurdo, persa, baluchi, taxico;
Linguas indias antigas: sánscrito, védico hindi, urdú, bengalí, assamés, oriá, marathi, guxarati, sindi, panxabí, caxemir/dardo, nepalés, singalés;
Lingua grega Lingua micénica, grego clásico, grego moderno,
Lingua albanesa albanés
Linguas paleo-balcánicas macedonio antigo, dacio, tracio, ilírico, mesapio, peonio, frixio.
Lingua armenia armenio
Lingua tocaria tocario e tocario B
Linguas anatolias
Do II milenio antes da nosa era: hitita, luvita, palaíta. Do I milenio antes da nosa era: luvita, milio, pisidio, cario, lidio, sidético, licio
Familias fino-úgrica, altaica e linguas caucásicas
Fino-úgrica finés, estoniano, húngaro, saami
Altaica linguas turcas: turco, azerí, uzbeko, turcomán, kazá. mongol, manchú, tungusco.
Caucásica norte-caucásicas: abaza, abkhazo, ávaro, checheno, kabardino sul-caucásicas: xeorxiano, mingreliano
Familia camito-semítica ou afro-asiática
Linguas semíticas hebreo, árabe, amhárico, tigriña, etíopes; acadio/asirio/babilonio, arameo, siríaco, fenicio, cartaxinés
Linguas exipcias Exipcio, copto
Linguas bérberes kabile, chleuh, zenaga, linguas tuaregs
Linguas cuxíticas somalí, afar, gala, bedja
Linguas chadianas hausa
Familia nilótica
Nilótico central dinka, nuer, chiluque, acholi, masai, nandi.
Linguas norte-sudanesas
Sudanés central baguirmi, moru.
Sahariano central kamuri.
Familia níxero-congolesa
atlántico-occidental abua, timmeo, bulon, ulof, fulbé
mandinga kpelle, loma, mendé, malinké, bambara
kwa abé, abidji, aburé, akan, kposo, baulé, ewe, fon, ioruba, igbo, nupe, basa, kru
gur mosi
zandé e sango
linguas centrais efik, tiv
linguas bantús abo/bankon, abón/abong, abanyom, suahili, congo, luba, ngala, chona, ngamya, ganda, kykuyu, kamba, bemba, zulú, xhosa, suazi, tswana
khoisa sandawe, hatsa, bosquimán, hotentote
Linguas da Asia oriental e da Polinesia
Familia sino-tibetana tibetano-birmanés: tibetano, birmana, garo, bodo, naga, kachi, achang. chinés: chinés mandarín, min, hakka, cantonés.
Familias do xaponés e coreana xaponés, ryukyu; coreano
Familia kra-dai tailandés, laosiano, chan
Familia malaio-polinesia occidentais ou indonesias: abung, achinés, adabe, malaio, indonesio, xavanés, sundanés, madurai, batak, balinés, dayak, macasar, tagal, vigaya, iloko, chamorro, malgaxe orientais: micronesio, polinesio (hawaiano, tahitiano, samoano, maorí), melanesio (fixiano)
Familia dravídica abujmaria, telugu, támil, kannará, malaiala, brahoui, gondi, khurukh, kuí; linguas munda (santali, khasi, nicobarés, palaungue, wa
Familia austroasiática mon, khmer, vietnamita
Linguas de Nova Guinea
Familia Sepik Ramu ramu: abu
Familia Trans-Nova Guinea abui, abun, adang
Linguas americanas
Familia algonquina atlánticas: abnaki, massachusetts/algonquino, powhatan, delaware, mohagan, penobscot, pasamaquoddy, micmac algonquino-central: fox, cree, monomini, ojibwa occidentais: potawatomi, ilinois, chawni, pés negros, arapaho, cheyenne
Familia natchez-muskogee creek, alabama, chikasaw, lingua choctaw, natchez
Familia iroquesa cherokee, tuscarora, huron, erie, oneida, seneca, onondaga, cayuga, conestoga
Familia síux biloxsi, ofo, tutelo, katawba, datoka, mandan, winnebago, chiwere (iowa, missouri), dheguiba (omaha, ponca, osage, kansa, quapaw, arkansa), hidatsa, crow
Familias caddo caddo, wichita, pawnee, tunica, ychi, hoka
Familia esquimó-aleutiana aleutiano, inuit, iupik
Familia mosan salish: bella coola, chehalis, kalispel wakash: nukta, kwakʼwala, bella bella chimakuan: chimakum, quileuta
Familia maia mam, ʼeqchiʼ, quiché, kaqchikel, poqomam, poqomchiʼ, ixil, tzeltal, tzotzil, tojolabʼal, ch’ol, chontal, ch’orti’, iucateca, huasteca
Familia uto-azteca náhuatl, shoshone, painté, tübatulabal, hopi, papago, pima, tarahumara, cora, huichol, comanche.
Familia na-dené sarsi, chipewyan, haída, tlingit, apache (navagho), hupa, chasta, costa, matole
Familia arauaca achagua, guahibo, culina, calipur, kampa
Familia aimará aimará, jaqaru
Familia caribe pemón, akawaio, hixkaryána, caribe
Familia tupi-guaraní aché
Familias chapacura-wanham, chibcha, chocó, quichua
Outras familias norte- e centro-americanas wintun, maidu, miwok, costanoan, chinook, karok, chimariko, yana, tonkaya, tlapanec mixe, zoque, popoloca, totonaque, tepehua, huava, poteca, chatino, mixteca, cuicateca, trique, amusgo, mazateca, chocho, ixcateca, popoloca, otomi, mazahua, pama, tarasca
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linguas en perigo de extinción.
Categoría:Linguas Categoría:Listas de arte e cultura