miniatura|dereita|Natalia e Adrián.

Hadrián de Nicomedia ou santo Hadrián, coas variantes Adrián, Hadriano, Adriano, Adrao e Adrán, foi un garda pretoriano do emperador Galerio Maximiano, convertido ao cristianismo foi martirizado en Nicomedia o 4 de marzo de 303. Segundo a tradición, mentres presidía a tortura dun grupo de cristiáns preguntoulles que agardaban recibir do seu Deus, eles replicaron: o que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home: iso prepara Deus para os que o aman (Corintios I 2:9). É o patrón dos soldados.

Impresionado pola forza na que se mantiñan na fe diante os tormentos, converteuse e fíxose bautizar, os seus compañeiros prendérono e levárono á cadea, onde foi torturado; a súa muller, Natalia de Nicomedia, que xa era cristiá sen el o saber, disfrazouse de home para se introducir na prisión e poder soster nos seus brazos ao seu home, antes de morrer decapitado.

Festa Calendario romano: 8 de setembro Calendario grego: 26 de agosto

Notas

Véxase tamén Outros artigos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrián

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Finados en 303 Categoría:Personalidades da Roma antiga