O 8 de xuño é o 159º día do ano do calendario gregoriano e o 160º nos anos bisestos. Quedan 206 días para finalizar o ano.

Acontecementos 68 - Galba é declarado emperador polo Senado romano. 452 - Atila invade a Italia. 1191 – Ricardo I de Inglaterra chega a Acre (Palestina), comezando a súa cruzada. 1941 - Os Aliados invaden Siria e Líbano na segunda guerra mundial 1986 - Kurt Waldheim, exsecretario xeral da ONU, é elixido presidente da Austria. 1990 - Xosé Cora Rodríguez toma posesión como primeiro Valedor do Pobo da historia de Galicia. 2012 - Sae á rúa o número un do semanario Sermos Galiza con 32 páxinas. Antes, o 17 de maio, distribuírase gratuitamente en Compostela un número cero de 16 páxinas.

Nacementos miniatura|100px|Frank Lloyd Wright. 1810 - Robert Schumann, compositor alemán (m. 1856). 1847 - Clara Corral Aller, poeta galega (m. 1908). 1867 - Frank Lloyd Wright, arquitecto estadounidense (m. 1959). 1869 - Manuel de Pedre, mestre, xornalista e político galego. 1873 - Azorín, escritor español (m. 1967). 1903 - Marguerite Yourcenar, escritora francesa (m. 1987). 1903 - Joseph-Maria Piel, filólogo alemán (m. 1992). 1907 - María Mariño Carou, escritora e poetisa (m. 1967). 1911 - Antonio Rosón, avogado e político galego (m. 1986). 1928 - Gustavo Gutiérrez Merino, teólogo peruano. 1930 - Bo Widerberg, director de cine sueco (m. 1997). 1936 - Kenneth G. Wilson, físico estadounidense. 1948 - José Julio Rodríguez Fernández, militar galego, Xefe de Estado Maior da Defensa de España. 1955 - Tim Berners-Lee, creador da WWW. 1966 - Julianna Margulies, actriz e produtora estadounidense.

Mortes miniatura|100px|George Sand. 632 - Mahoma, fundador do islam (n. 570). 1876 - George Sand, escritora francesa (n. 1804). 1896 - Jules Simon, filósofo e político francés (n. 1814). 1938 - Miguel Revestido Rodilla, xornalista e escritor galego (n. 1892). 1944 - Marcelino Fernández Prada, político socialista galego (n. 1895). 1979 - Reinhard Gehlen, militar alemán (n. 1902). 1993 - Severo Sarduy, escritor cubano (n. 1937). 2000 - Daniel Hortas González, xornalista e escritor galego (n. 1935). 2007 - Richard Rorty, filósofo estadounidense.

Festas e celebracións Día Mundial dos Océanos

Outros Santoral: San Guillerme, arcebispo.

Notas

Os 366 días do ano

08