O 7 de xuño é o 158º día do ano do calendario gregoriano e o 159º nos anos bisestos. Quedan 207 días para finalizar o ano.

Acontecementos 910 - Ordoño II é proclamado na Catedral de Lugo rei privativo da Galiza nuclear. 1095 - Primeira cruzada: comeza o cerco a Xerusalén 1654 - Lois XIV de Francia é coroado rei. 1692 - Terremoto destrúe Port Royal, na Xamaica: 1600 persoas mortas e 3000 feridas. 1494 - España e Portugal asinan o Tratado de Tordesillas, que divide as novas terras do mundo entre os dous países. 1809 - Iníciase a Batalla de Ponte Sampaio, que terminaría coa derrota do exército francés mandado por Michel Ney. 1862 - A Inglaterra e os Estados Unidos concordan en suprimir o comercio de escravos. 1863 - Tropas francesas ocupan a Cidade de México. 1880 - Batalla de Arica na Guerra do Pacífico. 1893 - Primeiro acto de desobediencia civil de Gandhi. 1905 - A Noruega tornase independente de Suecia. 1942 - Segunda guerra mundial: final da Batalla de Midway, coa vitoria estadounidense. 1967 - Forzas israelís entran en Xerusalén durante a Guerra dos Seis Días. 1968 - ETA asasina ó garda civil José Pardines á altura de Villabona (Guipúscoa). Considérase o primeiro asasinato cometido por ETA La Voz de Galicia, 9.04.2017.. 1991 - Explosión do volcán Monte Pinatubo, en Filipinas.

Nacementos miniatura|100px|Paul Gauguin. 1848 - Paul Gauguin, pintor francés (m. 1903). 1862 - Philipp Lenard, químico austríaco, Premio Nobel (m. 1947). 1877 - Charles Glover Barkla, físico inglés, Premio Nobel (m. 1944). 1896 - Robert S. Mulliken, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (m. 1986). 1896 - Imre Nagy, político húngaro (n. 1896). 1929 - John Napier Turner, primeiro ministro do Canadá. 1933 - Mirna Lacambra Domènech, soprano e promotora cultural catalá 1936 - Luis González Seara, sociólogo e político galego. 1945 - Wolfgang Schüssel, chanceler austríaco. 1952 - Orhan Pamuk, escritor turco, Premio Nobel de Literatura. 1952 - Miguel Anxo Fernández Lores, político galego. 1957 - Carmen Calvo, política española. 1957 - Juan Luis Guerra, músico da República Dominicana. 1965 - María Luisa Araújo, política española. 1970 - Cafu, xogador brasileiro de fútbol. 1973 - Toñi Moreno, presentadora de televisión. 1981 - Anna Kournikova, tenista rusa. 1986 - Marta Ejarque, deportista olímpica de xoquei sobre herba.

Mortes miniatura|100px|Henry Miller. 1329 - Roberto I de Escocia, rei de Escocia (n. 1274). 1945 - Kitarō Nishida, filósofo xaponés (n. 1870). 1954 - Alan Turing, matemático británico (n. 1912). 1978 - Ronald George Wreyford Norrish, químico británico, Premio Nobel (n. 1897). 1979 - Darío Álvarez Blázquez, médico e escritor galego (n. 1910). 1980 - Henry Miller, novelista estadounidense (n. 1891). 1989 - Paulo Leminski, escritor brasileiro (n. 1944). 1993 - Dražen Petrović, xogador de baloncesto croata (n. 1964). 2001 - Víctor Paz Estenssoro, presidente de Bolivia (n. 1907). 2006 - Abú Muzab al Zarqaui, terrorista xordano pertencente ó grupo Al Qaeda (n. 1966). 2008 - Dino Risi, director de cine italiano (n. 1916). 2011 - Jorge Semprún, escritor e político español (n. 1923).

Festas e celebracións Día Mundial da Inocuidade dos Alimentos

Outros Santoral: Santo Antonio Maria Gianelli.

Notas

Os 366 días do ano

07