O 7 de decembro é o 341º día do ano do calendario gregoriano e o 342º nos anos bisestos. Quedan 24 días para finalizar o ano.
Acontecementos 43 a. C.: en Roma é asasinado Cicerón. 1483 - Pedro Pardo de Cela e o seu xenro, presos por orde dos Reis Católicos. 1493 - Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán. 1857 - Prodúcese a primeira folga de mulleres de Galiza na fábrica de tabacos da Coruña. 1888 - John Dunlop, veterinario escocés (1840-1921) patenta o pneumático con cámara de aire. 1936 - Asasinados en Marín os republicanos de Bueu Francisco Escáneo Franco, Jacinto Lamosa Novas, Francisco García Villanueva e José Seijas Camiña. 1941 - Os xaponeses bombardean Pearl Harbor, o que obriga os americanos a intervir na segunda guerra mundial.
1949 - O goberno da República da China trasládase dende Nanking a Taipei. 1972 - Lánzase o Apollo 17, a última misión tripulada á Lúa até o momento. 1975 - Indonesia invade Timor Leste. 1982 - Nunha cárcere de Texas realízase, por primeira vez no mundo, unha execución por inxección letal. 1983 - Toledo é elixida como capital da Comunidade de Castela-A Mancha. 2002 - Dous cadros de Van Gogh son roubados no museo dedicado ó pintor en Ámsterdam. 2004 - Hamid Karzai é elixido presidente de Afganistán.
Nacementos miniatura|125px|dereita|Theodor Schwann. 1637 - Bernardo Pasquini, compositor italiano (m. 1710). 1810 - Theodor Schwann, fisiólogo, citólogo e botánico alemán (m. 1882). 1822 - Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés (m. 1895). 1872 - Javier Vales Faílde, sacerdote e escritor galego (m. 1923). 1889 - Gabriel Marcel, filósofo francés (m. 1973). 1896 - Julio Prieto Nespereira, pintor e gravador galego (m. 1991). 1902 - Luís Soto, político e xornalista galego. 1911 - Manuel Pesqueira, pintor galego (m. 1988). 1924 - Mário Soares, presidente de Portugal entre 1986 e 1996 1928 - Noam Chomsky, lingüista e crítico político norteamericano 1934 - Frank País, revolucionario e líder estudantil cubano (m. 1957).
Mortes miniatura|125px|dereita|Frei Martín Sarmiento. 1772 - Frei Martín Sarmiento, escritor e erudito galego (n. 1695). 1971 - Fernando Quiroga Palacios, sacerdote e bispo católico galego (n. 1900). 1985 - Robert Graves, escritor británico (n. 1895). 1993 - Wolfgang Paul, físico alemán (n. 1913). 1997 - Félix Candela, arquitecto español (n. 1910). 2010 - Kari Tapio, cantante finés (n. 1945).
Festas e celebracións Día Internacional da Aviación Civil.
Outros Santoral: San Ambrosio.
Os 366 días do ano
07