Adrian é unha cidade capital do condado de Lenawee, en Míchigan, Estados Unidos, con 21.574 habitantes. Historia En 1826 Addison J. Comstock, procedente de Nova York, estableceu o primeiro asentamento ao que chamou "Logan". En 1836 o asentamento foi recoñecido como vila. En 1838 a muller de Addison convenceuno para lle cambiar o nome por Adrian, en honra do emperador romano, en 1853 conseguiu a categoría de cidade.
Economía Fabricación de compoñentes para automóbiles, plásticos, aluminio, mobles.
Orixe da poboación 24,6% alemá, 16,99% hispana, 11,6% inglesa , 9,4% irlandesa, 4% francesa, 3,5% afroamericana, 3,4% polaca, 3% italiana, 1,9% holandesa, 1,4% escocesa, 1% franco-canadense, 0,8% asiática, 0,6% nativoamericanos.
Lingua 88,3% inglés, 9,7% castelán, 0,3% Urdú.
Categoría:Cidades de Míchigan