San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Navia, San Miguel de Oia, Santo André de Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e, segundo o IGE, en 2022 tiña 5.352 habitantes (2.620 homes e 2.732 mulleres).
Patrimonio Atopáronse achados arqueolóxicos da Idade de Bronce, coma os petróglifos no lugar de Fragoselo ou en Casteñeirón. Hai restos castrexos en San Lourenzo e na Illa de Toralla, onde tamén hai restos romanos. A igrexa románica de San Salvador conserva tres ábsidas románicas, sección dun antigo mosteiro beneditino desaparecido no século XIV. O cruceiro é o máis antigo de Vigo, datado no ano 1631.
A gamela coruxeira é un tipo de embarcación tradicional moi estendida nas augas viguesas e que debeu nacer nas carpintarías desta parroquia.
Coruxo dispón dun Centro Recreativo Artístico e Cultural, dunha asociación de veciños e dun pavillón polideportivo. Ademais, conta cunha xunta de montes en mancomunidade que administra unha superficie de 231 hectáreas.
No martes do Entroido quéimase a figura do Castrón. No verán, os barrios de Fragoselo, O Vao e San Lourenzo celebran respectivamente as súas festas na honra de san Sebastián, a Virxe do Carme e San Lourenzo.
Cóntase que na praia do Vao, nesta parroquia Coruxo, hai unha cidade asolagada..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Coruxo
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lugares de Vigo Coruxo Fútbol Club Campo do Vao
Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador