O 24 de novembro é o 328º día do ano no Calendario Gregoriano e o 329º nos anos bisestos. Quedan 37 días para rematar o ano.

Acontecementos 642 - Teodosio I o Grande entra en Constantinopla. 1505 - en Salamanca firmase a Concordia de Salamanca: no que Fernando o Católico pasa a ser o rexente de Castela e Filipe I o Fermoso e a súa esposa Xoana son proclamados reis. 1642 - Abel Tasman descobre a illa de Tasmania, actualmente parte da Australia. 1944 - Comeza o bombardeio de Tokyo por avións estadounidenses na segunda guerra mundial. 1859 - Charles Darwin publica A orixe das especies. 1861 - Rosalía de Castro publica o seu primeiro poema en galego "Adiós ríos, adiós fontes". 1963 - Lee Harvey Oswald, asasino de John F. Kennedy, é asasinado en Dallas, Texas. 1998 - America Online anuncia a compra de Netscape Communications por 4.200 millóns de dólares. 2000 - Declárase oficialmente en Galicia a Enfermidade das vacas tolas trala morte dunha vaca en Carballedo (Lugo) o 25 de outubro. Foi o primeiro caso da enfermidade en España.

Nacementos miniatura|100px|Baruch de Spinoza. 1632 - Baruch de Spinoza, filósofo (m. 1677). 1713 - Laurence Sterne, escritor británico (m. 1768). 1826 - Carlo Collodi, escritor italiano (m. 1890). 1864 - Henri de Toulouse-Lautrec, pintor e ilustrador francés (m. 1901). 1880 - Abdul Aziz Al-Saud, primeiro rei de Arabia Saudita. 1896 - Virxilio Blanco, pintor galego (m. 1948). 1899 - Wen Yiduo, poeta chinés (m. 1946) 1900 - Eugenio Montes, político e escritor galego (m. 1982). 1908 - Libertad Lamarque, actriz e cantante arxentina (m. 2000).

1925 - Simon van der Meer, físico neerlandés (m. 2011). 1927 - Alfredo Kraus, tenor español (m. 1999). 1942 - Silverio Rivas, escultor galego. 1954 - Emir Kusturica, director de cine bosníaco.

Mortes miniatura|100px|Freddie Mercury. 1916 - Hiram Stevens Maxim, inventor estadounidense (n. 1840) 1957 - Diego Rivera, pintor muralista mexicano (n. 1886). 1991 - Freddie Mercury, cantante do grupo Queen (n. 1946). 2002 - John Rawls, filósofo norteamericano. 2005 - Noriyuki Morita "Pat Morita", actor estadounidense coñecido por interpretar o Sr. Miyagi na película Karate Kid (n. 1932) 2012 - Tony Leblanc, actor e humorista español (n. 1922). 2012 - Joaquín Queizán Taboada, avogado e político galego (n. 1928)

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Novembro