Olaia Naveiras Torres-Quiroga, nada na Coruña en 1977, é unha científica galega.
Traxectoria Ao rematar o bacharelato en 1995, marchou a estudar biomedicina á Phillips Academy Andover de Massachusetts. Ao ano seguinte comezou medicina na Universidade Autónoma de Madrid e iniciou as súas investigacións sobre enfermidades infecciosas como a leishmaniose ou a meninxite. En 2001 recibe unha bolsa do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas para estudar os mecanismos xenéticos da resistencia do linfoma T cutáneo á inmunoterapia. Remata a súa carreira na Universidade Pierre-et-Marie-Curie de París e en 2003 inicia os seus estudos de doutoramento na Universidade Harvard sobre a formación de células nai do sangue a partir de células nai embrionarias.
En 2008 recibiu o premio Hauser que outorga esa universidade.
Véxase tamén Ligazóns externas Referencia na Universidade de Harvard Web na École polytechnique fédérale de Lausanne
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Biomedicina Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes