Padre Casares é unha serie de televisión galega estreada no ano 2008, converténdose na serie revelación da tempada na TVG. Dirixida por Manuel A. Espiñeira, Jorge Coira, Carlos Sedes e Marta Piñeiro, escrita por Carlos Portela e producida por Voz Audiovisual, emitiuse con éxito os luns pola noite na TVG desde o 15 de xaneiro de 2008 ata o 28 de setembro de 2015. Os exteriores foron gravados na parroquia de Santaia de Liáns (Oleiros), e no lugar de Redes (Ares) e en Santiago de Compostela.
Foi o espazo con máis audiencia da TVG nas tempadas 2008-09 e 2009-10, e segundo na tempada anterior, por detrás de Libro de familia. A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, Canal Sur andaluz en castelán, Padre Medina, e o Canal 9 en valenciano Senyor retor, dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán.
Argumento miniatura|Praza principal de Louredo, no lugar de Redes. Esta produción estaba protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote acabado de saír do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1.000 habitantes, en substitución de don Crisanto, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 23 episodios da primeira tempada da serie.
1ª tempada O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, ten un soño: ir a Ruanda como misioneiro. Pero é destinado a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila da costa galega, para substituír a don Crisanto, o párroco de toda a vida. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas, aprendendo a convivir e aceptarse os uns aos outros. Malia todos os seus esforzos por adaptarse, Horacio acabará por pedirlle ao bispo que o releve do seu cargo. Pero don Crisanto adiviñará a verdadeira razón pola que Horacio quere marchar: Iria, a mestra da vila.
2ª tempada Os habitantes de Louredo comezan a sentir afecto polo padre Casares, aínda que non acaban de entender os seus modernos costumes. Católicos e ateos únense para evitar que Horacio marche da vila. O sacerdote resolve as súas dúbidas e decide aceptar o seu destino como párroco de Santo Antonio. Quédanlle por diante uns meses repletos de emocións: un roubo na igrexa, unha praga bíblica, un neno abandonado na reitoral, unha voda gai... e as eleccións locais. O vello don Crisanto pretende arrebatarlle o poder a Delmiro, o alcalde comunista da vila. E a votación final non pode ser máis axustada...
3ª tempada O novo alcalde de Louredo comeza a impoñer as súas estritas normas. As mulleres do PCAR (Partido Católico Apostólico Romano) semellan encantadas co cambio de edil. Pero non todos os veciños están dispostos a vivir baixo o réxime de don Crisanto, e mesmo os funcionarios pensan ir á folga. O padre Casares buscará un sorprendente aliado para conseguir que as cousas volvan ao rego. A traxedia sacudirá á vila e os acontecementos farán que a xente, á fin, considere a Horacio “un dos seus”. Por iso, non pensan permitir que o sacerdote pase só o seu primeiro Nadal en Louredo.
4ª tempada O padre Casares leva un ano na vila, pero os seus fregueses non deixan de sorprendelo: mesmo fan unha colecta para que o sacerdote marche de vacacións. O que non sabe é que todo forma parte dunha estratexia para poder celebrar o salto do porco. Á volta da viaxe, Horacio resolverá un misterio relacionado con Amelia. Pero o da súa gobernanta non será o único segredo que saia á luz. Horacio atoparase nunha nova encrucillada, e unha decisión mudará para sempre a súa vida en Santo Antonio de Louredo. Nada volverá ser igual desde ese momento para o padre Casares.
5ª tempada O cambio de goberno na Xunta de Galicia trunca as expectativas políticas de Delmiro, que tardará en asimilar o golpe. Pero malia que non vaia ser Conselleiro, os veciños de Santo Antonio de Louredo aínda precisan do seu alcalde. Aproxímanse tempos tumultuosos na vila, e o padre Casares deberá afrontalos sen un dos seus principais apoios: Iria, a mestra. Con todo, Horacio recibirá a uns visitantes inesperados que non deixarán indiferente a ningún dos seus fregueses.
6ª tempada É tempo de festa en San Antonio de Louredo e un sospeitoso gromo de gripe A pon en perigo a presenza do padre Casares no Salto do porco. Pero non é a gripe a única preocupación de don Horacio: a súa boa fama corre perigo cando os veciños descobren que asistiu a despedida de solteiro de Miñato nun bar de alterno. Non será a única dor de cabeza ó párroco os amores de Miñato. E se de amores falamos, o de Fina e Josito verase enturbado polos manexos dos veciños. Nin sequera Delmiro é quen de axudar ó seu cuñado. Bastante ten con non volverse tolo: asegura que Fidel Casto aparéceselle por todas partes. A decisión de Santi de facerse sacerdote, a saúde de don Crisanto, que non deixa de comer ás agachadas, e finalmente, a visita da ex-moza de Horacio, farán que este dubide da súa vocación coma sacerdote. O regreso de Iria á vila xogará un importante papel na súa decisión final.
7ª tempada As dúbidas de Horacio sobre a súa vocación sacerdotal son cada vez máis fortes. O apaixonado bico que Iria e máis el se deron no salón de baile, fará que o sacerdote teña que cuestionarse o que quere facer coa súa vida. Mentres tanto, Delmiro terá que enfrontarse a un dos seus máis difíciles retos como alcalde: lograr que o Concello de Louredo supere a crise económica máis forte da súa historia. Ademais, a visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela revolucionará ós fregueses da vila. Sobre todo a Delmiro, que fará todo o posible para evitar que Louredo renda a súa particular homenaxe ó Gran Corvo Branco.
Equipo técnico Guión: Carlos Portela Dirección de arte: Antonio Pereira Saqués Dirección de produción: Ana Míguez Script (continuista): Mónica Aguiar, Loreto Martínez, Ozo Microfonista: Rubén Bermudez, Victor Seixo, Martiño Lois Méndez
Repartimento Principal Pedro Alonso como o padre Horacio Casares e posteriormente Señor Bispo Antonio Durán "Morris" como Delmiro Ferreira Iglesias, o alcalde Gonzalo Rei Chao como don Crisanto Amancio Peña, o predecesor de Horacio Tuto Vázquez como don Crisanto Amancio Peña, o predecesor de Horacio, falecido en 2010. Mercedes Castro como Amelia, a gobernanta Eva Fernández como Maite Costas, a animadora sociocultural Federico Pérez como José "Josito" Raña Vázquez, o bedel do Concello Fina Calleja como Ramona "Moncha" Raña Vázquez, a muller do alcalde e beata Ana Santos como Elsa, a pastora e beata Covadonga Berdiñas como Puri, beata Patricia Vázquez como Lidia Seoane, a dona do bar e beata Tacho González como Sindo, o dono do bar Avelino González como Miñato, o chapuzas Xúlio Abonjo, como don Perfecto, terceiro cura de Louredo María Vázquez como Iria, a mestra
Secundario Xosé Manuel Olveira "Pico" como o bispo Xosé Nogueira Xavier Estévez como Urbano, o policía Beatriz Bravo como Fina, filla de Puri Xosé Antonio Touriñán como Rodolfo, fillo de Puri Iolanda Muíños como a irmá Preciosa, a sobriña de don Crisanto Xosé Luís Bernal “Farruco” como Camilo, o doutor Carolina Vázquez, como Conchita de Tapeirán Xaquín Domínguez como o padre Rodrigo Álvarez do Val Isabel Risco como Cecilia, ex-sancristá María Tasende como Ana, a sobriña de Amelia e muller de David Omar Rabuñal como David Ferreira, fillo de Delmiro e Moncha e home de Ana Mon Santiso como Sabino, o policía Alejandro Carro como Santi, o sancristán
Episódicos Fely Manzano como Asunción Xosé Barato como o padre Ismael Mela Casal como Divina, nai de Horacio Antonio Mourelos como Suso, tío de Horacio Ricardo de Barreiro como Don Rafael, sacerdote substituto Monti Castiñeiras como Víctor Barreiro, pai do fillo de Iria Antón Coucheiro Juanillo Esteban Rodrigo Flieller Darío Loureiro, como fillo de Conchita de Tapeirán
Episodios Primeira tempada O milagre de Santo Antoniño de Louredo (15 de xaneiro de 2008) Onde dous ou tres reúnense no meu nome (22 de xaneiro de 2008) Un toque de cor (29 de xaneiro de 2008) O segredo está nas formas (5 de febreiro de 2008) Santo Antonio Peregrino (12 de febreiro de 2008) A voda do ano (19 de febreiro de 2008) Confianza (26 de febreiro de 2008) Amador, o apóstata (4 de marzo de 2008) Josito ten praza (11 de febreiro de 2008) Elsa in love (18 de marzo de 2008) Delmiro contra todos (25 de marzo de 2008) Cuestión de fe (1 de abril de 2008) Lembranzas (8 de abril de 2008)
Segunda tempada Ruanda (15 de abril de 2008) O moisés de Louredo (21 de abril de 2008) No limbo (28 de abril de 2008) Sodoma e Louredo (5 de maio de 2008) O sacristán de Louredo (12 de maio de 2008) Santa Rita, o que se da... (19 de maio de 2008) A ovella perdida e atopada en Louredo (26 de maio de 2008) Líbranos de peste e males (2 de xuño de 2008) Deixade que os vellos que se acheguen a min (9 de xuño de 2008) Que ven o bispo! (16 de xuño de 2008) Polas ánimas do purgatorio! (15 de setembro de 2008) Vota don Crisanto! (22 de setembro de 2008) O voto é decreto (29 de setembro de 2008)
Terceira tempada Volver ás catacumbas! (6 de outubro de 2008) Sen tele non hai paraíso (13 de outubro de 2008) Non non non, Crisanto dimisión (20 de outubro de 2008) Ama o teu próximo... pero non tanto (27 de outubro de 2008) Corre, Josito, corre (3 de novembro de 2008) Tempo de Samain (10 de novembro de 2008) Os mansos herdarán a terra (17 de novembro de 2008) Non desexarás á muller do próximo (24 de novembro de 2008) A segunda comunión (1 de decembro de 2008) A vida entre as mans (8 de decembro de 2008) Falar da caza e mercala na praza (15 de decembro de 2008) O belén de Santo Antonio de Louredo (22 de decembro de 2008) Mister Xaneiro (29 de decembro de 2008)
Cuarta tempada Ouro, incenso e discordia (5 de xaneiro de 2009) Festas de Santo Antonio 2009 (12 de xaneiro de 2009) O espírito de Louredo (19 de xaneiro de 2009) As vodas de ouro de don Crisanto (26 de xaneiro de 2009) Maridos e mulleres (2 de febreiro de 2009) A epístola de San Paulo (9 de febreiro de 2009) Bautizo democrático (16 de febreiro de 2009) A calor do diñeiro (23 de febreiro de 2009) ¡Entroido! (2 de marzo de 2009) A samaritana (9 de marzo de 2009) Atado no ceo (16 de marzo de 2009) O que a ferro mata... (23 de marzo de 2009) A paixón de Josito (30 de marzo de 2009) E ao terceiro día, resucitou (6 de abril de 2009) Dies Irae (13 de abril de 2009)
Quinta tempada Yes, we can! (21 de setembro de 2009) Adán e o mono (28 de setembro de 2009) Vaga de calor (5 de outubro de 2009) Bosteiros (12 de outubro de 2009) Corpo de Cristo (19 de outubro de 2009) Furia de Titán (26 de outubro de 2009) Santo Antón, que me toque o cupón (2 de novembro de 2009) Viño de Caná, pataca de Galicia e porco vietnamita (9 de novembro de 2009) Alcalde, fascista, o porco é ecoloxista! (16 de novembro de 2009) A cornetada (23 de novembro de 2009) Teu pai, miña nai e Josito (30 de novembro de 2009) A avoa de Louredo (7 de decembro de 2009) Mater Misericordiae (14 de decembro de 2009) Suso non sempre é Xesús (21 de decembro de 2009) Un Nadal vermello (28 de decembro de 2009)
Sexta tempada Os anxos de Crisanto (4 de xaneiro de 2010) Á terceira vai a vencida (11 de xaneiro de 2010) A despedida (18 de xaneiro de 2010) Na riqueza e na pobreza (25 de xaneiro de 2010) Cadea de erros (1 de febreiro de 2010) Camarada Delmiro (8 de febreiro de 2010) Por moer (15 de febreiro de 2010) O demo e a carne (22 de febreiro de 2010) Augas termais e exercicios espirituais (1 de marzo de 2010) Auga pasada... (8 de marzo de 2010) Tempo de crise (15 de marzo de 2010) Que a paz sexa convosco (22 de marzo de 2010) A última tentación de Josito (29 de marzo de 2010) A natureza das cousas (5 de abril de 2010) O último baile (12 de abril de 2010)
Sétima tempada A encrucillada (20 de setembro de 2010)