O río Caquetá ou JaparáCaquetá é o nome que recibe en Colombia e Japará no Brasil, de 2.280 quilómetros de lonxitude e que percorre Colombia e o Brasil, nace no Macizo Colombiano, no Páramo de las Papas.

Características No seu curso alto flúe en dirección sueste e marca a fronteira entre os departamentos colombianos de Putumayo e Caquetá. Preto de Tres Esquinas conflúe co río Orteguaza, e antes de penetrar no departamento colombiano de Amazonas recibe as augas do caudaloso río Caguán.

O río marca tamén a fronteira entre os departamentos de Caquetá e Amazonas, salvando numerosas cachoeiras.

Cerca dos cerros de Munoir recibe ao seu afluente Yarí.

Tras penetrar na Amazonia conflúe co río Apaporis, preto de La pedrera e entra no Brasil co nome de Jarupá. No seu curso baixo recibe ao Auati Paraná e ao Mirim Pirajuana

Desemboca na orela esquerda do río Amazonas, fronte a Tefé.

Aínda que é un río caudaloso e amplo, a existencia ao longo do seu curso de numerosos cachóns dificulta enormemente a navegación.

Posúe unha gran fauna, entre a que destacan os peixes, ademais de réptiles.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Parque nacional de Puracé

Ligazóns externas Mapa de concas da Amazonia colombiana Sistema de Información Ambiental Territorial da Amazonia colombiana SIAT-AC

Categoría:Ríos de Colombia Categoría:Afluentes do Amazonas