A selección de rugby de Irlanda é o equipo nacional que representa á illa de Irlanda (Irlanda e Irlanda do Norte) en rugby, un dos deportes máis populares na illa. Irlanda compite anualmente no Torneo das Seis Nacións (o cal gañaron 15 veces de pleno dereito e outras nove compartindo o trofeo) e disputou todas as edicións da Copa do Mundo de Rugby, campionato celebrado cada catro anos e no que acadaron os cuartos de final todas as veces excepto dúas (1999 e 2007). Forma parte así mesmo dos British and Irish Lions, un combinado formado por xogadores de tódalas nacións das Illas británicas que xoga partidos de exhibición cada certo tempo. En 2019 a selección irlandesa alcanzou por primeira vez o primeiro posto no World Rugby Ranking. Ademais, once xogadores irlandeses forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF).
Historicamente Irlanda tivo menos éxito que os seus veciños británicos, pero nos últimos anos igualou o número de Torneo das Seis Nacións de Escocia (15), á que ademais superou en Grand Slams (4). Porén, a selección irlandesa é amplamente recoñecida, por ter realizado con máis éxito que outras selección a transición cara ao profesionalismo, especialmente tendo en conta a poboación da illa, de arredor de seis millóns de habitantes, e a forte competencia con outros deportes coma os xogos gaélicos e o fútbol. Ademais cabe destacar que gañaron trece veces a Tripla Coroa, un trofeo non oficial dentro do torneo das Seis Nacións que gaña a mellor das catro selección das Illas británicas.
O centro Brian O'Driscoll, considerado un dos mellores xogadores de rugby da historia, ostenta os récords de máis partidos disputados coa selección irlandesa (133), así como o de maior número de ensaios (43). Outros grandes xogadores a nivel mundial son Gordon D'Arcy, Marcus Horan, Paul O'Connell, David Wallace, Shane Horgan e o xogador con máis puntos da historia de Irlanda: Ronan O'Gara. En 2001 Keith Wood foi o primeiro xogador irlandés nomeado Xogador do Ano da IRB.
Historia miniatura|150px|esquerda|Ilustración de Irlanda contra Gales, 1920 O primeiro partido disputado por un combinado nacional irlandés, aínda como colonia do Imperio Británico, foi contra Inglaterra o 15 de febreiro de 1875, sendo derrotado por 7 a 0. A súa primeira vitoria chegou en 1881 en Belfast ante Escocia. A popularidade do rugby en Irlanda medrou de xeito exponencial trala primeira Tripla Coroa en 1894 e a visita dos primeiros All Blacks (selección de Nova Zelandia) en 1905. A primeira vitoria, ante os agora reis do rugby europeo, Francia, foi en 1909, por 19 a 8. A época dourada do rugby irlandés chegou trala segunda guerra mundial, a partir de 1948, co seu primeiro e único Grand Slam, e outra Tripla Coroa e Cinco Nacións ao ano seguinte. Volverían gañar o título en 1951.
En 1954, disputaron o último partido até 2007 en territorio norteirlandés. Debían enfrontarse a Escocia, e os xogadores nacidos no lado sur da fronteira dixéronlle á Unión de Rugby Irlandesa que non estaban dispostos a poñerse en pé ante o "God Save the Queen", así que se dispuxo que soaría un himno máis curto chamado "The Salute" (O Saúdo), e que ese sería o último encontro en Irlanda do Norte. Os sesenta viron unha Irlanda bastante mediocre, exceptuando catro vitorias seguidas ante Australia (incluída a primeira vez que unha selección das Illas Británicas, "Home Nations", gañou no Hemisferio Sur, en 1967) e a primeira ante os "Springboks" (selección de Suráfrica).
En 1974, tras 23 anos sen conquistalo, facíase co Cinco Nacións de novo. Na primeira Copa de Mundo de Rugby, disputada en Australia e Nova Zelandia, Irlanda chegou a cuartos de final, caendo en Sidney contra os locais. Catro anos máis tarde, en Inglaterra, Irlanda foi derrotada por Escocia na fase de grupos, conducindo ao combinado celta a outros cuartos de final contra Australia que a punto estiveron de gañar, sendo talvez a ocasión onde máis cerca estiveron do éxito internacional. En 1995, en Suráfrica, superaron ao País de Gales, aínda que foron derrotados pola Nova Zelandia de Jonah Lomu, para facer a súa terceira aparición consecutiva nos cuartos de final.
Coa chegada do profesionalismo ao deporte, a Unión de Rugby de Irlanda decidiu crear a "Celtic League" (Liga Celta) para potenciar o desenvolvemento do deporte e fortalecer o naqueles anos débil conxunto nacional, que en 1999 non puido clasificarse por primeira vez para as roldas eliminatorias na Copa do Mundo. As potentes escuadras rexionais irlandesas e a volta dos xogadores que se atopaban nas ligas inglesa e francesa, axudaron ao rexurdir de Irlanda a partir de 2002. Tanto que foron considerados como posibles favoritos ao título antes de fracasar estrepitosamente na Copa do Mundo de Francia en 2007. En 2009 a selección irlandesa volve a gañar o Seis Nacións, levándose ademais o seu segundo título do Grand Slam da súa historia. Repetiu vitoria na edición de 2014.
Os símbolos A bandeira A bandeira tricolor oficial da República de Irlanda utilízase soamente cando o a selección xoga partidos na República de Irlanda (Éire). En cambio, a Bandeira das catro provincias, que representa as catro provincias históricas que conforman a illa de Irlanda: Connacht, Leinster, Munster (pertencentes a Irlanda) e o Ulster (pertencente a Irlanda do Norte e á República) vóase de costado en Dublín, e utilízase exclusivamente cando se xoga fóra de Irlanda.
O himno miniatura|150px|Xogadores de Irlanda En canto aos himnos, antes de 1995 e ao ser o combinado representativo de territorios de diferente soberanía, o "God Save the Queen" (Deus Salve á Raíña), himno británico, era tocado en Belfast antes dos partidos, e o irlandés, "Amhrán na bhFiann" (A Canción do Soldado) en Dublín. Dende 1995 e para liquidar este problema, a Unión de Rugby irlandesa encargou un himno que puidese ser utilizado nos encontros fóra de Éire, "Ireland's Call" (A Chamada de Irlanda), que tamén está a ser usado en casa tras o himno nacional. "Ireland's Call" foi trasladado a outros deportes, coma o crícket, nos que os dous territorios, a República de Irlanda e Irlanda do Norte xogan xuntos.
A roupa miniatura|dereita|O shamrock|150px Os Irlandeses xogan de verde e branco co trevo da IRFU sobre o corazón. A camisola está actualmente fabricado pola sociedade Canterbury de Nova Zelandia e O2 coma patrocinador na camisolaO2 Irlanda convertese no patrocinador oficial do Equipo Irlandés de Rugby , sur o2.com..
Os XV do Trevo O shamrock Os símbolos irlandeses é un símbolo rexistrado internacional da IrlandaOs símbolo da arpa e do shamrock son marcas internacionais rexistradas pole goberno irlandés. Ver aquí . É un Trevo branco con tres follas, ás veces chamados trifolium repens. O shamrock é a miúdo o emblema de equipos deportivos, de organizacións estatais orixinarias de Irlanda : a IRFU, os Shamrock Rovers (un equipo de fútbol), Aer Lingus, a University College of Dublin (a Universidade máis importante de Irlanda) ou a Universidade de Notre Dame utilízano coma símbolo de identidade. De acordo co Oxford English Dictionary, o trevo de tres follas representa á Santa Trindade do cristianismo e foi utilizado por San Patricio para representar este concepto para os Irlandeses que non coñecían o catolicismo. É por iso que o trevo de tres follas está asociado á festa nacional irlandesa: a festa de San Patricio.
Estadios representativos do XV do Trevo miniatura|Lansdowne Road, o fogar do rugby irlandés, visto aquí durante un partido entre Munster e Leinster
O estadio tradicional fogar do Rugby irlandés é o estadio Lansdowne Road en Dublín, onde a meirande parte dos partidos da selección son xogados. O estadio, propiedade da Irish Rugby Football Union, foi construído en 1872 e é o máis antigo lugar do rugby internacional que se segue utilizando para este deporte. En 1878 o estadio acolleu o seu primeiro partido de rugby, con Irlanda recibindo a selección inglesa (o primeiro partido de rugby representativo tivo lugar antes deste partido entre Ulster e Leinster). Lansdowne Road tiña capacidade para máis ou menos 49.000 espectadores xusto antes de ser derribado en verán de 2007. Un novo estadio con capacidade para 50.000 espectadores todos sentados que será coñecido como Aviva Stadium estase a construír nestes intres, e estimase que estea rematado en agosto de 2010. O último partido da selección disputado neste estadio foi contra os Pacific Islanders a finais de 2006. Co Lansdowne Road xa sen poder utilizarse, Irlanda non tiña un estadio axeitado para competir no seguinte Seis Nacións. A Gaelic Athletic Association (GAA) era dona do Croke Park (un estadio con capacidade para 82.500 espectadores) que foi adecuado para dous partidos de Irlanda na casa contra Francia e Inglaterra en 2007. Esta era a primeira que que se xogaba a rugby nese lar.
Aínda que Irlanda nunca acolleu totalmente a Copa do Mundo de Rugby, algúns partidos do Mundial de 1991 e de 1999 (en Inglaterra e Gales respectivamente) tiveron lugar neste país. O grupo B do mundial de 1991 foi principalmente xogado entre Irlanda e Escocia, con dous partido en Lansdowne Road (con Irlanda) e un (Zimbabwe vs Xapón) xogado en Ravenhill, Belfast. Un partido de cartos de final e unha semifinal foron xogadas en Dublín. Un sistema semellando foi usado en 1999, só que ademais de Lansdowne e Ravenhill, Thomond Park foi tamén usado. Lansdowne Road acolleu de novo un partido de cuartos de final. Irlanda en principio estaba previsto que acollese partido en Lansdowne Road para a Copa do Mundo de 2007 en Francia, mais conflitos de almanaque e coa demolición e construción dun novo Lansdowne Road, o Aviva Stadium, levaron a que finalmente non se disputase ningún partido.
Rexistros Copa do Mundo de Rugby Participacións de Irlanda na Copa do Mundo.<ref>[http://www.irb.com/IRBWeb/TemplateFiles/FixturesResults.aspx?NRMODE=Published&NRORIGINALURL=%2fen%2fFixtures%2band%2bResults%2fFixturesResults%2ehtm%3fTab%3d2&NRNODEGUID=%7b20331649-D9C7-45F4-A88E-87EECDD74FDC%7d&NRCACHEHINT=Guest&Tab=2 Fixtures & Results — RWC Finals ]</ref> Edición Organizador Posto 1987 20px Nova Zelandia e 20px Australia 1/4 finalista 1991 20px Inglaterracoa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia 1/4 finalista 1995 20px Suráfrica 1/4 finalista 1999 20px País de Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia Repesca de Cuartos de Final 2003 20px Australia 1/4 finalista 2007 20px Franciacoa asistencia de País de Gales e Escocia Fase de grupos 2011 20px Nova Zelandia 1/4 finalista 2015 20px Inglaterracoa asistencia do País de Gales 1/4 finalista20191/4 finalista
Seis Nacións
Rexistros de xogadores Máis partidos coa selección miniatura|150px|Brian O'Driscoll A listaxe seguinte recoller os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección irlandesaAll Time Ireland Player Stats Caps , consultado o 17 de abril de 2009, en irfu.ie . A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalas que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. En letra grosa xogadores en activo. Brian O'Driscoll - 133 Ronan O'Gara - 128 Rory Best - 124 Cian Healy - 123 Johnny Sexton - 113
Máis ensaios miniatura|Denis Hickie Brian O'Driscoll é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de IrlandaAll Time Ireland Player Stats Tries , consultado o 17 de abril de 2009, en irfu.ie . O seu rexistro aínda pode ser mellorado, xa que só ten 30 anos aínda que xa ten 90 partidos co XV do Trevo''. Denis Hickie, o segundo na listaxe, con 29 ensaios en 62 seleccións, detivo a súa carreira en 2007. Brian O'Driscoll - 46 Keith Earls - 35 Tommy Bowe - 30 Denis Hickie - 29 Shane Horgan - 21
Puntos miniatura|Ronan O'Gara