A tempada 2006/07 da NBA foi a sesaxésimo primeira na historia da NBA. Comezou o 31 de outubro de 2006 e rematou o 18 de abril de 2007. Os playoffs comezaron o 21 de abril de 2007 e remataron o 14 de xuño de 2007. San Antonio Spurs gañou o seu terceiro campionato vencendo nas Finais da NBA aos Cleveland Cavaliers, equipo que por primeira vez se clasificou para a rolda final.

Aspectos destacados Un novo deseño do balón da NBA revelouse o 28 de xuño de 2006, día do Draft. Debido ás queixas dos xogadores e adestradores, volveuse ao anterior balón o 1 de xaneiro do 2007. O All-Star Game de 2007 disputouse o 18 de febreiro de 2007 no Thomas & Mack Center de Las Vegas, Nevada, sendo a primeira vez que o evento é acollido nunha cidade que non dispón de equipo da NBA. O Oeste gañou 153-132 ao Leste con Kobe Bryant de MVP do partido por segunda vez na súa carreira. Por segundo e tamén último ano consecutivo, os New Orleans Hornets xogaron os seus partidos na casa en Nova Orleáns, Louisiana e en Oklahoma City, Oklahoma, debido aos desastres do furacán Katrina. Xogadores de Denver Nuggets e New York Knicks enleáronse nunha pelexa o 16 de decembro durante a disputa dun encontro no Madison Square Garden. Dez xogadores foron expulsados da pista, incluído Carmelo Anthony dos Nuggets, por entón máximo anotador da liga. Como resultado do incidente, sete xogadores foron sancionados, o máis notable Anthony, con 15 partidos de castigo. Tras 11 tempadas nos Philadelphia 76ers, Allen Iverson foi traspasado aos Denver Nuggets. Tanto Phoenix Suns como Dallas Mavericks conseguiron unha racha de máis de 12 vitorias consecutivas durante a tempada regular. Os Suns chegaron ata os 15 e 17 encontros (quinta mellor racha da historia da NBA), mentres que os Mavs conseguiron 12, 13 e 17 partidos consecutivos con vitoria. San Antonio Spurs tamén se uniu a eles con 13 partidos seguidos gañados. Kobe Bryant anotou 50 puntos ou máis en catro partidos consecutivos, ante Portland Trail Blazers, Minnesota Timberwolves, Memphis Grizzlies e New Orleans Hornets, sendo a cuarta mellor racha da historia por detrás das de Wilt Chamberlain. Jason Kidd e Vince Carter conseguiron ser a décima parella de compañeiros de equipo na historia da NBA en realizar un triplo-dobre no mesmo partido. A última en 20 anos foi de Michael Jordan e Scottie Pippen de Chicago Bulls. Toronto Raptors gañou o primeiro título de división na súa historia. Tamén se converteu no primeiro equipo canadense da NBA en gañar dito campionato. Golden State Warriors, que non se clasificaban a playoffs dende 1994, foi o primeiro equipo dende que se instauraron as series ao mellor de 7 partidos en eliminar ao campión da conferencia clasificándose na oitava posición. Os Warriors venceron aos Mavericks (autores de 67 vitorias na tempada regular) por un claro 4-2. Dirk Nowitzki gañou o MVP da Tempada e Tony Parker o MVP das Finais, sendo a primeira vez que un europeo gaña ambos galardóns.

Clasificacións Conferencia Leste División Atlántica#EquipoVD%VP1Toronto Raptors (3)4735.573-2New Jersey Nets (6)4141.50063Philadelphia 76ers3547.427124New York Knicks3349.402145Boston Celtics2458.29023 División Central#EquipoVD%VP1Detroit Pistons (1)5329.646-2Cleveland Cavaliers (2)5032.60533Chicago Bulls (5)4933.59844Indiana Pacers3547.427185Milwaukee Bucks2854.34125 División Sueste#EquipoVD%VP1Miami Heat (4)4438.537-2Washington Wizards (7)4141.50033Orlando Magic (8)4042.48844Charlotte Bobcats3349.402115Atlanta Hawks3052.36614 Conferencia Oeste División Noroeste#EquipoVD%VP1Utah Jazz (4)5131.622-2Denver Nuggets (6)4537.54963Portland Trail Blazers3250.390194Minnesota Timberwolves3250.390195Seattle SuperSonics3151.37820 División Pacífica#EquipoVD%VP1Phoenix Suns (2)6121.744-2Los Angeles Lakers (7)4240.512193Golden State Warriors (8)4240.512194Los Angeles Clippers4042.488215Sacramento Kings3349.40228 División Suroeste#EquipoVD%VP1Dallas Mavericks (1)6715.817-2San Antonio Spurs (3)5824.70793Houston Rockets (5)5230.634154NO/OKC Hornets3943.476285Memphis Grizzlies2260.26845

* V: Vitorias * D: Derrotas * %V: Porcentaxe de vitorias * P: Partidos de diferenza respecto á primeira posición

Estadísticas + Categoría Xogador Equipo Termo medio/% Puntos por partido Kobe Bryant Los Angeles Lakers 31.6 Rebotes por partido Kevin Garnett Minnesota Timberwolves 12.8 Asistencias por partido Steve Nash Phoenix Suns 11.6 Robos por partido Baron Davis Golden State Warriors 2.14 Tapóns por partido Marcus Camby Denver Nuggets 3.3 Porcentaxe de tiros de campo Mikki Moore New Jersey Nets 60.6% Porcentaxe de tiros libres Kyle Korver Philadelphia 76ers 91.4% Porcentaxe de triplas Jason Kapono Miami Heat 51.4%

Premios MVP da Tempada da NBA 20px Dirk Nowitzki (Dallas Mavericks) Mellor Defensor da NBA 20px Marcus Camby (Denver Nuggets) Rookie do ano da NBA 20px Brandon Roy (Portland Trail Blazers) Mellor Sexto Home da NBA 20px Leandro Barbosa (Phoenix Suns) Xogador Máis Mellorado da NBA 20px Monta Ellis (Golden State Warriors) Adestrador do Ano da NBA 20px Sam Mitchell (Toronto Raptors) Executivo do Ano da NBA 20px Bryan Colangelo (Toronto Raptors) Xogador Máis Deportivo da NBA 20px Luol Deng (Chicago Bulls) Primeiro Quinteto da Tempada F Dirk Nowitzki - Dallas Mavericks F Tim Duncan - San Antonio Spurs C Amare Stoudemire - Phoenix Suns G Steve Nash - Phoenix Suns G Kobe Bryant - Los Angeles Lakers Segundo Quinteto da Tempada F LeBron James - Cleveland Cavaliers F Chris Bosh - Toronto Raptors C Yao Ming - Houston Rockets G Gilbert Arenas - Washington Wizards G Tracy McGrady - Houston Rockets Terceiro Quinteto da Tempada F Kevin Garnett - Minnesota Timberwolves F Carmelo Anthony - Denver Nuggets C Dwight Howard - Orlando Magic G Dwyane Wade - Miami Heat G Chauncey Billups - Detroit Pistons Primer Quinteto Defensivo Tim Duncan - San Antonio Spurs Bruce Bowen - San Antonio Spurs Marcus Camby - Denver Nuggets Kobe Bryant - Los Angeles Lakers Raja Bell - Phoenix Suns Segundo Quinteto Defensivo Kevin Garnett - Minnesota Timberwolves Tayshaun Prince - Detroit Pistons Ben Wallace - Chicago Bulls Jason Kidd - New Jersey Nets Kirk Hinrich - Chicago Bulls Primeiro Quinteto de Rookies Brandon Roy - Portland Trail Blazers Andrea Bargnani - Toronto Raptors Randy Foye - Minnesota Timberwolves Rudy Gay - Memphis Grizzlies Jorge Garbajosa - Toronto Raptors (empate) LaMarcus Aldridge - Portland Trail Blazers (empate) Segundo Quinteto de Rookies Paul Millsap - Utah Jazz Adam Morrison - Charlotte Bobcats Tyrus Thomas - Chicago Bulls Craig Smith - Minnesota Timberwolves Rajon Rondo - Boston Celtics (empate) Walter Herrmann - Charlotte Bobcats (empate) Marcus Williams - New Jersey Nets (empate)

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da NBA

Categoría:Baloncesto en 2007 Categoría:Tempadas da NBA