Miyoshi (三好市, みよしし, Miyoshi-shi) é un concello da prefectura de Tokushima no Xapón. Está situado no centro da rexión de Shikoku e ao oeste da prefectura, na illa de Shikoku. Ten 721,48 km² de superficie, unha poboación de 31.323 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 43,4 h/km².

O concello de Miyoshi limita cos concellos de Higashimiyoshi, Tsurugi, Mima, Naka (que son da prefectura de Tokushima); de Kan'onji, Mitoyo, Mannō (que son da prefectura de Kagawa); de Ōtoyo, Kami (que son da prefectura de Kōchi; e Shikokuchūō (este último é da prefectura de Ehime).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Miyoshi .

Categoría:Prefectura de Tokushima Categoría:Concellos do Xapón