Joaquín Vázquez González, nado en Badaxoz o 26 de agosto de 1897 e finado o 21 de outubro de 1965, foi un futbolista español, que xogaba como extremo dereito.
Fillo dun galego e unha salmantina e criado en Irún, foi o primeiro xogador nacido en Estremadura en vestir a camiseta da selección española e o primeiro deportista da rexión en participar nuns Xogos Olímpicos. Foi tamén o primeiro medallista estremeño, coa medalla de prata que logrou en Anveres 1920, cando militaba no Deportivo da Coruña.
Traxectoria Naceu en Badaxoz sendo fillo de Camilo Vázquez Villar, un carabineiro galego destinado na cidade estremeña, e da salmantina Concepción González Almeida. Sendo Joaquín neno, seu pai foi destinado á fronteira de Irún, onde o fillo comezou a practicar fútbol, ao tempo que se iniciaba como aprendiz de zapateiro. Xogou no Deportivo Irunés e no Racing de Irún, co que participou no Campionato Rexional Norte. Trala fusión do Racing co Irún Sporting Club en 1915, pasou a militar no novo club, o Real Unión. Disputou o Campionato de Guipúscoa e a Copa do Rei, da que se proclamou campión por primeira vez en 1918.
En 1919 foi destinado a Ferrol para realizar o servizo militar e ingresou no equipo do Racing de Ferrol, que acababa de nacer trala fusión de dous clubs xa existentes. Axiña comezou a destacar e o 4 de agosto de 1919 fichou polo Deportivo da Coruña. A súa marcha de Ferrol provocoulle problemas con algúns seareiros da cidade, que chegaron a darlle unha malleira. Disputou o Campionato de Galicia na tempada 1919/20, torneo que quedou reducido a só dous equipos (Deportivo e Vigo Sporting) e dous partidos, anotando Vázquez no segundo deles o seu primeiro gol como deportivista.
En xullo de 1920 incorporouse aos adestramentos da selección española e disputou en Vigo dous partidos que servirían para que o seleccionador Paco Bru definise o equipo que participaría nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. Vázquez anotou un gol no primeiro encontro e un triplete no segundo, sendo finalmente un dos seleccionados para as primeiras Olimpíadas do combinado español. Foi titular no primeiro encontro, a vitoria sobre Dinamarca en Bruxelas, e aínda que non volveu xogar durante o torneo, o seu equipo acadou a medalla de prata.
Tralos Xogos continuou no Deportivo da Coruña, pero pouco despois regresou ao Real Unión. Na tempada 1923/24 conquistou o campionato guipuscoano e tamén a súa segunda Copa do Rei, anotando tres goles durante o torneo e sendo titular na final contra o Real Madrid no campo de Atotxa.
En 1925 iniciou a súa segunda etapa no Deportivo da Coruña, na cal disputou 33 partidos oficiais nos que marcou 15 goles, contribuíndo a que o equipo conquistase dous Campionatos de Galicia por diante do seu máximo rival, o Celta de Vigo. En 1928 pasou á Cultural Leonesa, coa que disputou a primeira edición da Segunda División, aínda que o fixo no Grupo B (que funcionaba como terceira categoría), conseguindo o ascenso ao grupo unificado da tempada 1929/30. Disputou un total de 35 encontros co equipo leonés, co que marcou 5 goles, antes da súa retirada en 1930.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesDeportivo Irunés1909/10 - ---- --1910/11 - - - - - - -1911/12 - - - - - - -1912/13 - - - - - - -1913/14 - - - - - - -Total club------Racing de Irún1914/15 Campionato Rexional Norte 10-- 10Real Unión1915/16 Campionato Rexional Norte 1 0 - - 1 01916/17Campionato Rexional Norte00 - -001917/18Campionato Rexional Norte0010101918/19Campionato Rexional Norte 7 0 - -70Racing de Ferrol1919 -?? - -??Deportivo da Coruña1919/20Campionato de Galicia21 - -211920/21Campionato de Galicia11 - -111921/22Campionato de Galicia?? - -??Real Unión1922/23Campionato de Biscaia1000101923/24Campionato de Biscaia00 5 3531924/25Campionato de Biscaia127 0 0127Total club22+7+6328+10+Deportivo da Coruña1925/26Campionato de Galicia103001031926/27Campionato de Galicia76631391927/28Campionato de Galicia00103103Total club20+11+16636+17+Cultural Leonesa1928/29Segunda División163 1 01731929/30Segunda División15230182Total club31540355Total carreira 73+ 23+ 269 99+31+
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en databaseolympics.com Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Unión Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España