Avelino Gómez Ledo, nado en Chantada o 31 de xullo de 1893 e finado na mesma vila o 29 de xuño de 1977,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-6-1977, p. 36. foi un escritor, tradutor e sacerdote galego.

Traxectoria Trasladouse a Madrid antes dos catorce anos, cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Madrid-Alcalá e continuou os estudos na Universidade Pontificia de Santiago, no mosteiro de San Martiño Pinario. Exerceu como párroco en varias parroquias de Madrid. Cando se xubilou aos 78 anos regresou a Chantada.

Colaborou nas revistas Nós e Logos e traduciu obras de autores clásicos e o Novo Testamento. Mantivo posicións tradicionalistas no seo da Igrexa católica e apoiou a ditadura de Francisco Franco, malia iso mantivo fidelidade á lingua galega en épocas difíciles.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Obra dereita|miniatura|Escolma de poetas líricos gregos e latinos voltos en linguaxe galego (1972). Poesía Romanceiro compostelán, 1926. Borreas, 1927. Cancioeiro da Nosa Señora do Faro, 1953. Poemas composteláns, 1954. Terra-nai, 1966. Templos serenos A estrela de Belén

Ensaio El lenguaje del Quijote Balmes filósofo Un tríptico medieval Amor Ruibal o la sabiduría (1946) Historia apasionada de mi parroquia

Teoloxía Sois de Cristo (1925) ¿Hay que ser apóstoles? (1931) Tú y tu parroquia (1942) Sacralización de la juventud

Tradución Églogas de Virxilio Xeórxigas de Virxilio Eneida de Virxilio Escolma de poetas líricos gregos e latinos voltos en linguaxe galego. Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, 1973. ISBN 84-00-03805-3.Inclúe textos de Safo, Anacreonte, Teócrito, Bión, Mosco, Horacio, Virxilio, Catulo, Propercio, Tibulo, Ovidio, Xuvenal e Lucrecio. Novo Testamento

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do latín Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega