Este artigo é sobre a rexión histórica e lingüística, para a rexión administrativa véxase: Occitania
Occitania (en occitano Occitània) é a área histórica de dominio da lingua occitana. Comprende boa parte do terzo sur do estado francés, o Val de Arán (no Principado de Cataluña), os Vales Occitanos (de Piemonte, en Italia) e Mónaco.
Esta designación non está extenta de polémicas e non é aceptada por todas as persoas por razóns políticas, aducindo a relativa falta de antecedentes históricos como suxeito político único. En cambio, o adxectivo occitan (occitano), como definición identitaria, ten gozado de certa normalidade de emprego en todo o seu ámbito lingüístico e tamén no resto do estado francés.
A inmensa maioría do territorio de Occitania está dividido en varias rexións administrativas francesas (o restante, uns poucos vales, nos estados español e francés). Nos tres Estados en que a lingua occitana é falada, ten graos de oficialidade moi variábeis. A fragmentación administrativa, xunto coa fraca protección legal para a lingua, explican en parte que as organizacións nacionalistas occitanas sexan aínda hoxe minoritarios, malia que a cuestión occitana estea a arraigar na mentalidade da xente e na sociedade francesa. Exemplo disto son o éxito das manifestacións en defensa do occitano en Carcassona (entre 8.000 e 12.000 manifestantes o 22 de outubro de 2005) e Besiers (reunindo a máis de 20.000 persoas o 17 de marzo de 2007).
A lingua occitana só está recoñecida como oficial, protexida, ensinada e promovida no Val de Arán. No estado italiano ten o status de lingua protexida e no estado francés tan só goza dunha certa aceptación no sistema educativo, pero carece de recoñecemento legal. Cabe mencionar que, pese á súa precaria posición social, o occitano foi unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de Turín. Tamén hai un sistema privado de escolarización en lingua occitana, similar ás ikastolas vascas, denominado Calandretas.
A bandeira de Occitania é a dos condes de Tolosa: cruz amarela sobre fondo vermello. A cruz occitana aparece nas bandeiras oficiais da cidade de Tolosa e das rexións francesas de Mediodía-Pireneos; a carón do escudo catalán na da rexión de Languedoc-Rosellón, así como no escudo do departamento dos Hauts Alps (Altos Alpes). Tense implantado con éxito nos vales occitanos de Piemonte e tamén no Val de Arán, onde agora está integrada na bandeira aranesa (que só ostentaba antes a chave aranesa).
Historia de Occitania
miniatura|esquerda|400px|Condados de Occitania na data da batalla de Muret.Occitania, por mor da súa posición xeográfica, tense atopado decote nun cruzamento estratéxico entre toda clase de correntes (esencialmente gregos e latinos, orientais, nórdicos e evidentemente mediterráneos). Herdeira da cultura latina e de certos elementos celtas, chegou a converterse nun dos centros neurálxicos da cultura románica a partir do século IX. Foi o occitano unha das linguas que primeiro substituíu o latín en moitos actos, documentos, obras literarias e obras científicas. Así, as primeiras gramáticas anteriores á de Nebrija son occitanas (como por exemplo as Leys d'Amors do século XIV).
Os séculos XI, XII e XIII foron a época de maior esplendor da cultura e política occitanas. O modelo de occitano escrito, grazas á súa cultura refinada e brillante, sitúase como unha lingua vehicular en toda Europa: culturalmente, grazas aos trobadores, politicamente, a través da elaboración dos Foros dos territorios aragoneses e navarros, sen esquecer obviamente a influencia que exerceu sobre a literatura en lingua catalá grazas a Ausiàs March.
Foron aqueles séculos a época de ouro da literatura occitana, co nacemento da literatura trobadoresca e a súa extensión pola maior parte de Europa Occidental. Politicamente tamén o foi, debido á independencia de facto e á prosperidade de moitos dos territorios occitanos (véxase Condado de Tolosa, Condado de Foix, Vicecondado de Carcassona, Ducado de Aquitania e Condado da Provenza). Ora ben, esta época dourada sería truncada axiña, pois a unidade dos territorios occitanos era de feito unha unidade cultural e lingüística, pero non política.
A invasión francesa Coa escusa de loita contra a herexía cátara, o rei de Francia Filipe II, aliado co Papa Inocencio III, comezou a cruzada albixense contra os señores occitanos. O exército francés, liderado por Simón de Montfort, atacou e saqueou as principais cidades de Occitania, invadindo así as terras do Conde de Tolosa Ramón VI de Tolosa. O conde reuniu os seus aliados, entre eles Pedro II de Aragón, para loitar contra os franceses. A Batalla de Muret (13 de setembro de 1213) significou a fin da idade de ouro da cultura occitana coa morte do rei aragonés por un lado e, sobre todo, pola derrota das tropas occitano-catalano-aragonesas, o que representou a fin da expansión da Coroa de Aragón. Lengadòc pasaba así a ser unha dependencia da coroa francesa. Entre mediados do século XIII e comezos do século XVII todos os territorios occitanos foron incorporados á coroa francesa.
Provincias tradicionais ou rexións de Occitania miniatura|dereita|450px|Provincias tradicionais da Occitania miniatura|450px|Occitania (oc) Vales Occitanos (Valadas Occitanas) Provenza (Provença) Languedoc (Lengadòc) Lemosín (Lemosin), que inclúe o Lemosín histórico, a Marca Borbonés (Borbonés/Barbonés) Güiena (Guiana) Gascuña (Gasconha) que inclúe os territorios Bearn, Val de Arán, Bigorra e Armañac. Delfinado (Daufinat/Dalfinat) Auverña (Auvèrnhe/Auvèrnha)
División administrativa Actualmente, o territorio lingüístico occitano está dividido entre o estado francés (contendo practicamente a totalidade da área occitana), Italia (os Vales Occitanos), o estado español (o Val de Arán) e Mónaco. O territorio baixo administración francesa está dividido en sete rexións administrativas: Languedoc-Rosellón Provenza-Alpes-Costa Azul Auverña Lemosín Mediodía-Pireneos Aquitania Ródano-Alpes
Bibliografía BALDIT, Joan-Pèire (1982) Occitània, Trad. de Jordi Bolòs i Maria Dolors Duran, La Magrana, Col·lecció Alliberament, 14 Barcelona Pèire Bec (1977) La llengua occitana Edicions 62, Col·lecció a l’Abast, 133 Barcelona. Robèrt Lafont (1968) La revolució regionalista Ed. Aportació Catalana, Barcelona. Robèrt Lafont (1969) Per una teoria de la nació Edicions 62, Col·lecció a l’Abast, 72 Barcelona. Robèrt Lafont i ANATOLE, Christian (1973) Història de la literatura occitana Dopesa, Barcelona Jordi Ventura i Subirats (1963) Les cultures minoritàries europees Selecta, Barcelona. GARCIA, Xosé Lois (1978) Naciones colonizadas de Europa Occidental Follas Novas, A Cruña. Jesús Mestre i Godes (1994) Els càtars. Problema religiós, pretexte polític Col. A l’Abast, 279 Barcelona. Imma Tubella i Casadevall i Eduard Vinyamata Camp (1978) Les nacions de l’Europa capitalista La Magrana, Barcelona Xosé M. Núñez Seixas (1998) Movimientos nacionalistas en Europa en el siglo XX Ed. Síntesis, Col. Historia Universal Contemporánea, 26 Madrid. Felipe Fernández-Armesto(1996) Los hijos de Zeus Grijalbo Barcelona Xavier Lamuela(1987) Català, occità i friülà: llengües subordinades i planificació lingüística Quaderns Crema, Assaig Minor, 3 Barcelona. Joan Grosclaude; Pèire Lagarda; ALCOUFFE; AMORÓS; Jordi Ventura i Subirats i Alem Surre-Garcia «Occitània. L’última oportunitat» El Temps 15 febrer de 1999 Aureli Argemí i Roca i Ricard de Vargas Golarons «Dossier Occitània» Altres Nacions núm 2 1981 Jaume Figueres i Trull «Ieu conessi un païs. Occitània i l’occità del 1945 als nostres dies» Revista de Catalunya núm 125 gener 1998. Jordi Ventura i Subirats «L’edicte de Villiers-Cottêrets» Revista de Catalunya núm. 58, desembre 1991 Jordi Ventura i Subirats «La revolució francesa i les llengües no oficials de l’Estat francès» Revista de Catalunya núm. 38 febrer 1990 Felip Gardy; Pèire Lagarda; Henri Giordan “Gli Occitani” a Minoranze núm. 11-12, 3r-4rt trimestre 1978, Milà Gaston Balzagues “Les organisations occitanes” a Les Temps Modernes núm. 324-326 agost-setembre 1973 París Pèire Lagarda “Occitania e Occitanisme” dins I Jornades del CIEMEN del 22 al 29 d’agost del 1976 “Relacions lingüístiques Occitània-Catalunya”, publicat a Nationalia I Pèire Bec “A cuestión occitana: plantexamento histórico-cultural” a Grial núm 74, 1981. Gilles Rebull “Nationalité et Regionalisme en Provence de 1859 à 1893: Une interpretation de l’évolution felibréenne au regard de l’expérience catalane” a LOU FELIBRIGE núm. 222 (número especial), primeiro trimestre 1997 FOURIE, J. “La premsa d’oc pendent la darrièra guerra: l’exemple de Terra d’Oc” Lo Gai Saber ROCH, Alain “Occitània: ensenhament e mass-media” dins V Jornades del CIEMEN del 24 al 28 d’agost del 1980 “Ensenyament de la llengua i mitjans de comunicació social, publicat a Nationalia VI Felip Gardy “Occitània: un enjòc” dins IV Jornades del CIEMEN del 16 al 23 d’agost del 1979 “Fet nacional: llengua, territori i migracions, publicada a Nationalia V.