A das Columbiformes (Columbiformes) é unha orde de aves da subclase dos neornites, infraclase dos neognatos, superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos, que inclúe as pombas, rulas e formas afíns, xunto cos extintos dodo (Raphus cucullatus) e solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria).

Inclúe 307 especies actuais e 9 extintas en tempos históricos.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1790 polo ornitólogo inglés John Latham, na súa obra A General Synopsis of Birds.

Etimoloxía O nome científico Columbiformes está formado polos elementos do latín científico columb- e -formes, unidos por un -i- epentético para facilitar a pronuncia. O primeiro é a raíz do xénero tipo, Columba. O segundo e un sufixo do latín científico tirado do latín clásico forma, -ae, "forma".Columbiformes no Merriam-Webster Unabriged dictionary. Literalmente: "os que teñen forma de pomba".

Clasificación Segundo a case totalidade dos autores actuais, a orde é un taxon monotípico, xa que inclúe unha única familia, a dos colúmbidos:Order Columbiformes. Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional. Consultada o 28 de maio de 2019.Columbiformes en Dyntaxa.

Orde Columbiformes Latham, 1790 Familia Columbidae Illiger, 1811

Controversias taxonómicas A familia dos pteróclidos, anteriormente incluída nesta orde, clasifícase separadamente na orde dos pterocliformes;Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. no entanto, outros autores inclúena na orde dos ciconiiformes.

Por outra parte, algúns autores consieran que a orde comprende tamén a familia dos ráfidos. Pero análises osteolóxicos e xenéticos suxiren que a ex-familia dos Raphidae debe considerarse mellor como unha subfamilia, a dos rafinos (Raphinae).Anwar Janoo (2005): "Discovery of isolated dodo bones [Raphus cucullatus (L.), Aves, Columbiformes] from Mauritius cave shelters highlights human predation, with a comment on the status of the family Raphidae Wetmore, 1930". Annales de Paléontologie 91: 167–180.Beth Shapiro, Dean Sibthorpe, Andrew Rambaut, Jeremy Austin, Graham M. Wragg, Olaf R. P., Bininda-Emonds, Patricia, L. M. Lee & Alan Cooper (2002): "Flight of the Dodo". Science 295: 1683.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía S. L. Pereira, K. P. Johnson, D. H. Clayton & A. J. Baker (2007): "Mitochondrial and Nuclear DNA Sequences Support a Cretaceous Origin of Columbiformes and a Dispersal-Driven Radiation in the Paleogene". Systematic Biology 56 (4): 656–672.

Outros artigos Aves Columbimorfos Colúmbidos Rafinos

Ligazóns externas Columbiformes na EOL.