Abu-Alí al-Hussain ibn Abd-Al·lah ibn SinaAvicenna, na Enciclopaedya Britannica —en turco İbn Sina; en persa ابوعلى سينا (Pur-e Sina fillo de Sina); en árabe أبو علي الحسين بن عبد الله بن سينا, Abū ʿAlī al-Ḥusayn ibn ʿAbd Allāh ibn Sīnā— máis coñecido por Ibn Sina ou sinxelamente como Avicena, nado en Afshana, preto de Bukhara, Gran Khorasán, en 980 e finado en Hamadán en 1037, foi un médico, filósofo, científico polímata persa.Brian Duignan (2010): Medieval Philosophy. The Rosen Publishing Group, p. 89. ISBN 978-1-61530-244-4. Medieval PhilosiophyMichael Kort (2004): Central Asian republics. Infobase Publishing, p. 24. ISBN 978-0-8160-5074-1 Central Asian republics En grego foi chamado Abitianós (Ἀβιτζιανός) e en latín Abitianus, traducido por Abiciá e máis frecuentemente por Avicenna ou Avicena. Os seus discípulos chamábano Cheikh el-Raïs, é dicir, 'príncipe dos sabios', ou o máis grande dos médicos, o Mestre por excelencia ou, en fin, o terceiro Mestre (despois de Aristóteles e Al-Farabí).

As súas obras máis famosas son Kitāb al-Shifāʾ (O libro da curación), unha enciclopedia filosófica e científica, e O Canon da Medicina, este último tamén coñecido como O Canon de Avicena., unha enciclopedia médica.Edwin Clarke, Charles Donald O'Malley (1996), The human brain and spinal cord: a historical study illustrated by writings from antiquity to the twentieth century, Norman Publishing, p. 20 ().Iris Bruijn (2009), Ship's Surgeons of the Dutch East India Company: Commerce and the progress of medicine in the eighteenth century, Amsterdam University Press, p. 26 (). que se converteu en texto médico estándar en moitas universidades medievais e seguiu utilizándose até 1650.por exemplo, nas universidades de Montpellier e Lovaina (véxase). Ademais de filosofía e medicina, o corpus de Avicena inclúe escritos sobre astronomía, alquimia, xeografía e xeoloxía, psicoloxía, teoloxía islámica, lóxica, matemáticas, física e obras de poesía.

Avicena escribiu a maioría das súas obras filosóficas e científicas en árabe , pero tamén escribiu varias obras clave en persa , mentres que as súas obras poéticas foron escritas en ambas linguas. Das 450 obras que se cre que escribiu, sobreviviron unhas 240, entre elas 150 sobre filosofía e 40 sobre medicina.

Foi un dos principais médicos de todos os tempos. Está considerado como a personalidade máis importante da medicina árabe e o médico máis relevante da Idade Media. A súa enciclopedia médica, coas súas traducións en latín realizadas en Toledo por Xerardo de Cremona,González, Aurelio e Miaja de la Peña, María Teresa (2006): Introducción a la cultura medieval Vol. III. México: UNAM. ISBN 978-968-36-9788-2, p. 22 co nome de Canon, foi o texto básico para o ensino da medicina en Europa até o século XVIII.Avicenna, na Gran Enciclopèdia Catalana

Contexto cultural miniatura|esquerda|150px|Selo de Tadjiikistán coa imaxe de Avicena (2005). Avicena creou un extenso corpus de literatura durante o período coñecido como a Idade de Ouro do islam, no que as traducións de textos grecorromanos, persas e hindús foron moi estudados. Textos grecolatinos das escolas neoplatónica e aristotélica, da escola Al-Kindí foron comentados, novamente editados e de maneira substancial desenvolvidos polos intelectuais islámicos, que tamén evolucionaron a partir de sistemas matemáticos, astronómicos, alxébricos, trigonométricos e médicos hindús e persas.VV.AA. (2007): "Major periods of Muslim education and learning". Encyclopædia Britannica Online. Consultada o 10 de xuño de 2013. "Major periods of Muslim education and learning".

A dinastía samánida na parte oriental de Persia denominada o Gran Khorasán e na Asia central, así como a dinastía búyida na parte occidental de Persia e no Iraq fomentaron un clima propicio para o desenvolvemento cultural e académico. Baixo os samánidas, Bukhara rivalizaba con Bagdad como a capital cultural do mundo islámico.

O estudo do Corán e o Hadit prosperaron neste ambiente. A filosofía e a teoloxía tamén se desenvolveron principalmente con Avicena e os seus opoñentes. Al-Razí e Al-Farabí proporcionaron a metodoloxía e o coñecemento necesarios sobre a medicina e a filosofía.

Avicena tivo acceso ás grandes bibliotecas de Balkh, Khwarezmia, Gorgán, Rayy, Isfahán e Hamadán. Diversos textos mostran o debate dos puntos filosóficos dos grandes eruditos do seu tempo. Nizami Aruzi describiu como Avicena, antes de saír de Khwarezm, coñecera a Al-Biruní (un famoso científico e astrónomo), Abu Nasr Iraquí (un famoso matemàtico), Abu Sahl Masihí (un respectado filósofo) e Abu al-Khary Khammar (un importante médico).Aruzi, Nizami (1921): Revised Translation of the Chahar Maqál (Fourx discourses) of Nizámi-I-Arudí of Samarqand followed by an abridged translation of Mírzá Muhammad's notes to the Persian. Universidade de Toronto. Consultada o 10 de xuño de 2013. p. 85.

Traxectoria miniatura|upright|Representación renacentista de Avicena (Gentile da Foligno, Venecia, 1520). A única fonte de informacións para a primeira parte da vida de Avicena é a súa autobiografía, escrita polo seu discípulo, Jūzjānī. A falta doutras, é imposíbel ter certeza do que nela é verdadeiro. Xa se ten dito que el usaba a súa autobiografía para avanzar a súa teoría do coñecemento (de que é imposíbel para un individuo adquirir informacións e comprender a ciencia filosófica aristotélica sen ser un mestre) e xa se cuestionou se a cronoloxía dos eventos descrita non está axustada para se conformar de forma máis perfecta ao modelo aristotélico. Noutras palabras, se Avicena se describe a si mesmo estudando na "orde correcta". Porén, dada a ausencia de calquera outra evidencia, o relato debe tomarse coidadosamente.Encyclopaedia Iranica, Avicenna biography Vida temperá e educación Avicena, ou Íbn Sina (como foi chamado en persa), naceu en na aldea de Afshana en Transoxiana nunha familia persa.Segundo , Avicena era "de ascendencia persa". Segundo , Avicena naceu de orixe persa. Segundo , Avicenna era "persa de nacemento". , menciona a Avicena como exemplo para "autores nacidos en Persia" e fala de "supostas orixes persas" para Avicena. ,afirma "Un persa étnico, el [Avicena] naceu en Kharmaithen, preto de Bukhara.". A aldea estaba preto da capital samánida de Bukhara, que era a cidade natal da súa nai... O seu pai Abd Allah era natural da cidade de Balkh en Bactriana. Funcionario da burocracia samánida, fora gobernador dunha aldea da leira real de Harmaytan, preto de Bujará, durante o reinado de Nuh II (r. 976-997). Avicena tamén tiña un irmán menor. Uns anos máis tarde, a familia estableceuse en Bukhara, un centro de aprendizaxe que atraía a moitos eruditos. Foi alí onde Avicena recibiu a súa educación, que ao parecer foi administrada desde o principio polo seu pai.

Aínda que tanto o pai como o irmán de Avicena convertéronse ao ismailismo, el mesmo non seguiu a fe. No seu lugar, era un sunita hanafí, a mesma escola seguida polos samánidas.

Durante a súa infancia, Avicena estudou aritmética cun comerciante herborista, experto en cálculo indio. Grazas á súa boa memoria, o mozo acabou superando ao seu mestre en cálculo e matemáticas. A idade de 10 anos baixo a tutela do mestre Abu Abdallah Ennatili, iníciase no Corán, os autores árabes e a filosofía, comezando pola Isagoge de Porfirio (un pequeno tratado pedagóxico de divulgación da filosofía de Aristóteles). Aos dez anos, xa dominaba o Corán, a aritmética, a xeometría de Euclides e os fundamentos da filosofía, como a lóxica. Lánzase pola súa conta a estudos difíciles como o Almaxesto de Tolomeo..

Aos 14 anos, o seu preceptor Ennatili abandónao para irse a outra cidade. Un amigo médico tróuxolle as traducións das obras de Hipócrates, que leu de vez, día e noite. Na súa autobiografía conta: «Cando o soño me vencía e sentía que as miñas forzas fraqueaban, tomaba unha bebida especiada para reporme e volvía retomar a lectura».

Posteriormente, foi instruído en Fiqh polo xurista hanafí Ismail al-Zahid. Algún tempo despois, o seu pai convidou o médico e filósofo al-Natili á súa casa para educar a ibn Sina. Xuntos, estudaron a Isagoge de Porfirio (falecido no ano 305) e posiblemente tamén as Categorías de Aristóteles (falecido en 322 a. C.). Despois de que Avicena lese o Almagesto de Tolomeo (falecido no 170) e os Elementos de Euclides, al-Natili díxolle que continuase a súa investigación de forma independente. Cando Avicena tiña dezaoito anos, xa tiña unha boa formación en ciencias gregas. Aínda que ibn Sina só menciona á al-Natili como o seu mestre na súa autobiografía, é moi probable que tivese outros mestres, como os médicos Qumri e Abu Sahl 'Isa ibn Yahya al-Masihi.

Carreira En Bukhara e Gurganj miniatura|upright|Billete taxico de 20 somoni co retrato de Avicena Cando seu pai foi nomeado funcionario, acompañouno a Bukhara, daquela capital dos samanís e alí estudou os saberes da época, tales como física, matemáticas, filosofía, lóxica e o Corán. Foi influído por un tratado de al-Farabí que lle permitiu superar as dificultades que encontrou no estudo da Metafísica de Aristóteles. Esta precocidade nos estudos tamén se reflectiu nunha precocidade na súa carreira, pois aos dezaseis anos xa dirixía a médicos famosos e aos dezasete gozaba de fama como médico por salvar a vida do emir Nuh ibn Mansur.

Conseguiu permiso para acceder á biblioteca real, onde ampliou os seus coñecementos de matemáticas, música e astronomía. Ao chegar á maioría de idade xa estudara todas as ciencias coñecidas.

Posteriormente, déronlle un posto administrativo, posiblemente sucedendo ao seu pai como gobernador de Harmaytan. Avicena trasladouse máis tarde a Gurganj, a capital de Corasmia, o que, segundo informa, fixo por "necesidade". A data en que chegou ao lugar é incerta, xa que informa que serviu ao khwarazmshah (en) , o gobernante de Corasmia, o gobernante ma'múnida Abu al-Hasan Ali. Este último gobernou desde o 997 ata o 1009, o que indica que Avicena se mudou nalgún momento durante ese período. Converteuse en médico da corte e conselleiro de temas científicos até a caída do reino samaní en 999.

En Ray e Hamadan En Hamadán, o emir búyida Shams ad-Dawla nomeouno ministro. Impúxose entón un programa de traballo esgotador, dedicándose de día á cousa pública, e de noite á ciencia. Traballaba e dirixía a composición do Shifa e a do Canon. Contou coa axuda de dous discípulos que se repartían a relectura dos manuscritos das dúas obras, sendo un deles Al-Juzjaní, o seu secretario e biógrafo.

Aos vinte anos, e por mediación de Abū Bakr al-Barjuy, escribiu dez volumes chamados O tratado do resultante e o resultado e un estudo dos costumes da época coñecido como A inocencia e o pecado. Con estes libros a súa fama como escritor, filósofo, médico e astrónomo estendeuse por toda Persia, por onde se dedicou a viaxar. miniatura|250px|Mausoleo de Avicena en Hamadán.

En 1021, a morte do príncipe Shams al-Dawla e o comezo do reinado do seu fillo Sama' ad-Dawla cristalizaron as ambicións e os rancores. Vítima de intrigas políticas, Avicena acabou no cárcere. Disfrazado de derviche conseguiu evadirse e fuxiu a Ispahán, ao lado do emir kakuyida Ala ad-Dawla Muhammed. Aos trinta e dous anos iniciou a súa obra mestra, o celebérrimo Canon da Medicina (traducida ao latín por Xerardo de Cremona), que contén a colección organizada dos coñecementos médicos e farmacéuticos da súa época en cinco volumes.

Durante unha expedición a Hamadán, no actual Irán, o filósofo sufriu unha crise intestinal grave, que padecía desde había tempo e que contraera, segundo dixeron, por exceso de traballo e de pracer. Intentou curarse só, pero o seu remedio foille fatal. Morreu aos cincuenta e sete anos no mes de agosto de 1037, tras levar unha vida moi atarefada e chea de vicisitudes, esgotado polo exceso de traballo.

Impacto 220px|miniatura|esquerda|Representación de Avicena nunha miniatura árabe.