Parménides de Elea (arredor do 530 a.C. — 460 a.C.) naceu en Elea, hoxe Velia, Italia. Foi o fundador da escola eleática. Hai unha tradición que afirma que Parménides foi discípulo de Xenófanes de Cólofon mais non hai certeza sobre o feito, xa que unha tradición distinta afirma que foi o filósofo pitagórico Aminias (ou Ameinias) quen espertou a vocación filosófica de Parménides.

O seu pensamento está exposto nun poema filosófico titulado Sobre a Natureza, dividido en dúas partes distintas: unha que trata do camiño da verdade (alétheia) e outra que trata do camiño da opinión (dóxa), ou sexa, daquilo onde non hai ningunha certeza. Dun xeito simplificado, a doutrina de Parménides sustenta o seguinte: Unidade e a imobilidade do Ser; O mundo sensible é unha ilusión; O Ser é Un, Eterno, Non-Xerado e Inmutable.

Por estas características, algúns vén no poema de Parménides o propio xurdimento da ontoloxía. Ao mesmo tempo, o pensamento de Parménides é tradicionalmente visto como oposto ao de Heráclito.

Os outros representantes da escola eleática son Cenón de Elea e Meliso de Samos.

Categoría:Presocráticos Categoría:Escritores en lingua grega