Unha parodia de relixión ou relixión paródica é unha parodia dunha relixión, seita, ou calquera outro tipo de culto ou ben dalgún dos seus aspectos. Tamén pode ser unha ficción que adopta as formas das relixións tradicionais, e á cal uns supostos fieis declaran adherirse. Hai exemplos como os da película Life Of Brian dos Monty Python, pero como crítica no segundo sentido exposto, o exemplo actual máis coñecido é o do pastafarismo.
Características Unha parodia de relixión pode selo para moitas relixións, seitas, gurús ou cultos á vez. A aparición de Internet facilitou moito a difusión das parodias de relixión, que en moi poucos casos chegan a teren unha expresión presencial na forma de cerimonias relixiosas, pero que en cambio teñen unha grande actividade virtual.
A intención da creación de parodias de relixión pode ser sinxelamente humorística, pero frecuentemente aparecen como crítica a certos aspectos das relixións establecidas ou ben como a consecuencia doutros problemas sociais. Así, o pastafarismo xorde coa intención de poñer de manifesto as contradicións do autodenominado creacionismo científico.
Exemplos Relixión Jedi Pastafarismo Unicornio rosa invisíbel Igrexa dos SubGenis Igrexa Callinquista Sacuyismo, nomeada polos seus seguidores a relixión nai de todas as relixións. Igrexa maradoniana, creada polos fans do futbolista Diego Armando Maradona.
Véxase tamén Outros artigos Lista de relixións ficticias
Ligazóns externas
Parodia da New Age, Sathya Sai Baba e outros gurús. Parodia do cristianismo Parodia do cristianismo Igrexa maradoniana Reacción de Richard Stallman ante os que o acusaban de extremismo Església Cal·linquista Església Pastafari de Xàtiva
Categoría:Relixión Categoría:Humor