O apelido Sanjurjo pode referirse a: Pedro Sanjurjo Pérez, conde de Torre Penela, nado en Ourense en 1812 e finado na Coruña en 1879, xurista e político. José Sanjurjo Rodríguez, nado na Coruña na década dos 60 do s. XIX e finado ibídem nos anos 40 do s. XX, sindicalista. Ramón Sanjurjo Pardiñas, nado en Crendes en 1834 e finado en Vilaxoán en 1917, alcalde de Santiago e deputado. Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume Habilidades, nado en Sada en 1837 e finado en Vigo en 1919, inventor galego. Joaquín Arias Sanjurjo Pardiñas, nado en Santiago en 1860 e finado na mesma cidade en 1946, avogado e escritor galego. Ramón Sanjurjo Neira e Pardiñas, nado en Santiago en 1866, político: deputado, gobernador civil e alcalde de Santiago. José Sanjurjo Sacanell, nado en Pamplona o 28 de marzo de 1872 e finado en Estoril o 20 de xullo de 1936, militar español. Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña en 1911 e finado na mesma cidade en 1966, avogado e alcalde. Eduardo Sanjurjo, nado na Coruña o 20 de setembro de 1967, ex xogador e adestrador profesional de baloncesto galego.

Véxase tamén Transportes Hernández y Sanjurjo, dúo musical composto por Rómulo Sanjurjo e Julián Hernández.