A Allsvenskan é a máxima categoría da liga de fútbol de Suecia, que comprende aos 16 mellores equipos. Foi creada en 1924. Antes diso, a maior liga en Suecia era a Svenska Serien.

Os gañadores da Allsvenskan son considerados campións suecos desde 1931. Antes diso, entre 1924 e 1930, simplemente considerábaselles campións de liga. O mesmo ocorreu desde 1982 a 1990 cando os campións decidíronse por partidos de play-off e en 1991-1992 cando foron elixidos por unha liga de continuación chamada Mästerskapsserien.

Competición Desde a tempada 2008 hai 16 equipos na Allsvenskan, respecto dos 14 das tempadas anteriores. Durante a tempada (de abril a outubro), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos. Ao final de cada tempada os dous últimos equipos da clasificación descenden á Superettan e son substituídos polos dous mellores da Superettan. O terceiro peor clasificado na Allsvenskan xoga un partido co terceiro clasificado da Superettan, na que o gañador é quen xoga a seguinte tempada na Allsvenskan.

miniatura|200px|right|O trofeo O gañador da Allsvenskan clasifícase para a Liga de Campións, e entra na competición na primeira rolda de clasificación. O subcampión clasifícase para a UEFA Europa League, e entra na primeira rolda de clasificación. Desde o comezo da Royal League en 2004, os catro primeiros clasificados entran neste torneo con outros catro equipos de Noruega e catro de Dinamarca.

Equipos participantes (2015) ClubCidadeEstadioCapadidadeTempada anteriorDebutAnos seguidosAIK Solna Friends Arena 8.000 3º1924–252006Åtvidabergs FF Åtvidaberg Kopparvallen 8.000 8º19682012BK Häcken Gotemburgo Gamla Ullevi 18.900 5º19832009Djurgårdens IF Estocolmo Tele2 Arena 33.000 7º1927–282001Falkenbergs FF Falkenberg Falenbergs IP 5.000 13º20142014GIF Sundsvall Sundsvall Norrporten Arena 7.700 2º (Superettan)19652015Gefle IF Gävle Gavlevallen 6.500 14º1933-342005Halmstads BK Halmstad Örjans Vall 15.500 10º1933–342013Hammarby IF Estocolmo Tele2 Arena 33.000 1º (Superettan)1924–252015Helsingborgs IF Helsingborg Olympia 16.500 9º1924–251993IF Elfsborg Borås Borås Arena 16.899 4º1927–291997IFK Göteborg Gotemburgo Gamla Ullevi 18.900 2º1924–251977IFK Norrköping Norrköping Nya Parken 15.734 12º19242011Kalmar FF Kalmar Guldfågeln Arena 12.182 11º1949–502004Malmö FF Malmö Swedbank Stadium 24.000 1º1931–322001Örebro SK Örebro Behrn Arena 13.129 6º19802010

Palmarés miniatura|O estadio Friends Arena en Estocolmo. miniatura|O Tele2 Arena de Estocolmo. miniatura|O Swedbank Stadion en Malmö. Club Títulos Malmö FF 23 IFK Göteborg 13 IFK Norrköping 13 Djurgårdens IF 7 Helsingborgs IF 7 IF Elfsborg 6 AIK 5 GAIS 4 Halmstads BK 4 Östers IF 4 Åtvidabergs FF 2 Örgryte IS 2 Hammarby IF 1 IK Sleipner 1 Kalmar FF 1

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Ligas de fútbol de Suecia