José Antonio Rivas Carballés, nado en Pol o 18 de xaneiro de 1897 e finado en Portomarín o 30 de agosto de 1936, foi un zoqueiro vítima da represión franquista.
Traxectoria Coñecido como o zoqueiro de Fraialde, era un simpatizante republicano que non estaba afiliado a ningún partido político nin se lle coñecía militancia ningunha. Tiña unha ampla biblioteca e simpatizaba coa revolución rusa.
O 30 de agosto de 1936 un grupo de falanxistas presentouse na súa casa e levouno ao Rego do Can, en Portomarín onde foi asasinado de varios tiros. Uns veciños da zona atoparon o cadáver e trasladárono á parroquia de San Mamede do Río onde foi enterrado ao día seguinte fóra do recinto da igrexa. O 27 de agosto de 2010 a ARMH atopou os seus restos despois dunha investigación promovida polo seu fillo Ramiro Rivas Pérez.«Mataron a mi padre y me cambiaron el nombre de Lenin por el de Ramiro» O seu irmán Manuel e o seu sobriño Homero tamén foron vítimas da represión. Vida persoal
Casou con Josefa Pérez Veiga e foi pai de Ramiro e María Digna Rivas, rexistrados con eses nomes aínda que chamados respectivamente Lenin e Igualdad.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos