dereita|miniatura|Diferentes tamaños de papel.

O papel (do latín papyrus) é un material constituído por unha delgada lámina elaborada a partir de polpa de celulosa, elaborada cunha pasta de fibras vexetais moídas suspendidas en auga, xeralmente branqueada, e posteriormente secada e endurecida, á que normalmente se lle engaden substancias como polipropileno ou polietileno co fin de proporcionarlle características especiais. As fibras que o compoñen están aglutinadas mediante ligazóns por ponte de hidróxeno.

As fibras para a súa fabricación requiren algunhas propiedades especiais, como alto contido de celulosa, baixo custo e fácil obtención: razóns polas cales as máis comunmente usadas son as vexetais. O material máis comunmente usado é a polpa de madeira de árbores, principalmente piñeiros (polo prezo e pola calidade da fibra, moi longa) e eucaliptos (moi barata e resistente). Outros materiais como o algodón e o cánabo tamén poden ser utilizados na confección do papel.

Etimoloxía

A palabra «papel» deriva etimoloxicamente do latín , que á súa vez provén do grego antigo (), a palabra que designa a planta .πάπυρος , Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek–English Lexicon, on Perseus O papiro é un material groso, similar ao papel, producido a partir da medula da planta “”“”, que se utilizaba no antigo Exipto e outras culturas mediterráneas para escribir antes da introdución do papel. Aínda que a palabra «papel» deriva etimoloxicamente de «papiro», trátase de dous desenvolvementos tecnolóxicos distintos que utilizan materiais e métodos de produción diferentes. O papiro é unha lámina de fibra vexetal natural, mentres que o papel fabricase a partir de fibras cuxas propiedades foron modificadas mediante maceración.

Fabricación do papel miniatura|upright|Fábrica de papel en Mänttä-Vilppula, Finlandia En resumo, o proceso de fabricación consta de varias etapas que levan á formación do papel a partir da madeira. As principais etapas son: Preparación das fibras: polpa Branqueo Formación e prensado de follas Varios tratamentos superficiais Secado.

A madeira está composta por: Celulosa (aproximadamente o 45%) Hemicelulosa (aproximadamente o 30%) Lignina (aproximadamente o 20%) Varios extractos: terpeno, resinas, ácidos graxos (aproximadamente o 5%).

En esencia, no proceso tradicional para a fabricación de papel prepárase unha suspensión de fibras en auga e escóase nun baruto, de xeito que se produce unha capa de fibras entrelazadas aleatoriamente. A continuación, elimínase a auga desta capa mediante presión e secado. Antigamente esas fibras extraíanse de trapos ou pezas de roupa vellas de algodón ou de liño ou cánabo. A primeira máquina que substituíu o proceso de produción manual construíuse en 1798 e foi mellorada en 1803 co nome de máquina de Fourdrinier.

Posteriormente, a maior parte do papel fabricouse con polpa de madeira, debido ao seu menor custo. Con todo, as fibras téxtiles continúan a empregarse para a fabricación de papeis de alta calidade.

Dende o século XX empréganse diferentes métodos para a fabricación do papel, polpa mecánica de madeira, pasta morena, pasta de palla, pasta de recortes...

Historia Precursores

O papel foi precedido e coexistiu con outros materiais de escritura antigos, como o papiro, pergamiño, vitela, tea de cortiza, cortiza de bidueiro, follas de palmeira e tiras de bambú e madeira.

No Antigo Exipto escribíase sobre papiro desde antes do ano 3000 a.C. O mesmo era fabricado a partir dun vexetal moi abundante nas ribeiras do río Nilo, o Cyperus papyrus, e foi o primeiro material que presentou propiedades asociadas ao papel. O papiro, aparentemente similar ao papel, ten varias desvantaxes que finalmente provocaron que fose substituído por este último: Estaba limitado xeograficamente a unha planta que se cultivaba principalmente en Exipto; a súa produción era máis cara e laboriosa en comparación co papel; e era máis fráxil e sensible á humidade, o que o facía propenso a romper en condicións de humidade.

Posteriormente, na antigüidade grecorromana, o papiro compartiu popularidade co pergamiño, que prevalecería en Europa durante a Idade Media. O pergamiño consistía en peles de becerro, ovella, cabra ou carneiro curtidas con cal e preparadas para recibir a tinta.

Invención e desenvolvemento miniatura|upright|Cánabo papel de envolver, China, a.C. O papel máis antigo coñecido usado para conter unha mensaxe descubriuse na China e foi datado no 8 a. C., baixo a dinastía Han occidental (206 a. C. - 25). É un anaco duns 10 cm², o papel estaba feito de fibras de liño e é un fragmento dunha carta con preto de vinte antigos identificados. Atopouse en 2006 en Dunhuang, provincia de Gansu, (noroeste da República Popular da China).China view Antes da aparición do papel os escritos debíanse facer sobre pergamiños, sobre papiros ou sobre superficies como cortiza, follas de plantas, etc.

No Antigo Exipto escribíase sobre láminas de papiro dende antes do 3000 a.C. Fabricábase cun vexetal moi abondoso nas ribeiras do río Nilo, o Cyperus papyrus, e foi o primeiro material que presentou propiedades asociadas ao papel. Posteriormente, na antigüidade grecorromana, o papiro compartiu popularidade co pergamiño, que prevalecería en Europa durante a Idade Media. O pergamiño consistía en peles de becerro, ovella, cabra ou carneiro curtidas con cal e preparadas para recibiren a tinta. Non obstante este proceso resultaba custoso, polo que a partir do século VIII adoitábase a borrar os textos dos pergamiños para reescribir sobre eles (dando lugar aos palimpsestos) perdéndose deste xeito unha gran cantidade de creacións.

O papel miniatura|upright|Folla de papel histórica feita a partir de cánabo Antes de inventar o papel, os escribas chineses escribían, empregando unha punta ríxida, sobre tiras de madeira ou bambú mais estes materiais non facilitaban a escritura, ademais de que supuñan un problema no momento de arquivalos. Despois da introdución do pincel de pelo, substituíuse o soporte polos primeiros intentos de realizar papel a partir de residuos de tea, seda, palla de arroz e cánabo e mesmo algodón. Considérase tradicionalmente que o primeiro proceso de fabricación do papel foi desenvolvido polo eunuco Cai Lun, conselleiro do emperador He da dinastía Han, no ano 105 A súa innovación consistiu na utilización de fibras vexetais con alto contido en celulosa extraídas da moreira, o ramio e o algodón, e tamén de trapos e teas vellas. Colocaba o material nun morteiro con auga e machucábao até conseguir unha pasta homoxénea e compacta que logo laminaba e secaba.Cf. Gregorio Doval, op. cit., ib.

Durante uns 500 anos, a arte da fabricación de papel estivo limitado á China; no ano 610 introduciuse no Xapón, onde se fabricaba o papel a partir de fibras de morus, gampi e mitsumata, e arredor do 750 en Asia Central.Cobiella, Nidia; El papel y la escritura —Origen, historia y evolución— , en Pericias Caligráficas Díxose que o coñecemento da fabricación de papel pasouse ao mundo islámico despois da Batalla de Talas no 751 d.C. cando dous fabricantes de papel chineses foron capturados como prisioneiros. Aínda que a veracidade desta historia é incerta, o papel comezou a fabricarse en Samarcanda pouco despois, que se convertería no primeiro centro de produción de papel musulmán do mundo, mellorando o proceso de fabricación. Foron os árabes, quen o introduciron no século XI en España, establecéndose en Xàtiva (Valencia) a primeira fábrica de papel europea (ano 1056). O primeiro documento en papel de Europa é unha carta ditada en castelán medieval e escrita en caracteres gregos e árabes que a condesa Adelaida enviou en 1109 ao seu fillo Roxerio, futuro rei de Sicilia. Este novo material de escritura chegou a París, a través de España, coincidindo coa inauguración da Universidade nesa cidade. A partir deste momento difundiuse a técnica por todo o continente creándose muíños papeleiros en Italia, Francia e Holanda, o que implicou a introdución de marcas de auga ou filigranas para identificar a procedencia do papel.

En Europa, a única materia prima utilizada eran trapos de liño e algodón, polo que a aparición da imprenta xerou un aumento do uso do papel para partir do século XV, provocando unha escaseza destes materiais. Aínda que se tentou utilizar diferentes materiais como substituto, ningún foi un éxito comercial ata 1840 coa introdución do proceso mecánico de trituración de madeira para fabricar polpa, e en 1850 introdúcese o primeiro proceso químico.

Desde entón o papel converteuse nun dos produtos emblemáticos da nosa cultura, elaborándose non só de trapos vellos ou algodón senón tamén de gran variedade de fibras vexetais; ademais a crecente invención de colorantes permitiu unha xenerosa oferta de cores e texturas. Con axuda da impresión mecánica, ao principio xilográfica (isto é, con matriz de madeira; o primeiro libro impreso así foi na China, o Sutra do diamante, 868)Cf. G. Doval, op. cit., p. 411. e despois mediante os tipos móbiles de chumbo segundo a imprenta de Gutenberg en 1453.

No século XIX a industrialización reduciu o custo da fabricación de papel. En 1844 o canadense Charles Fenerty e o alemán F. G. Keller desenvolveron independentemente procesos para conseguir polpa das fibras de madeira.

Aínda que o papel agora pode ser substituído para certos usos por materiais sintéticos, segue conservando unha grande importancia na nosa vida e na contorna diaria, facéndoo un artigo persoal e polo tanto dificilmente sustituible.

A aparición e rápido auxe da informática e os novos sistemas de telecomunicacións, permiten a escritura, almacenamento, procesamento, transporte e lectura de textos con medios electrónicos máis vantaxosos, relegando os soportes tradicionais, como o papel, a un segundo plano. miniatura|upright|Unha folla de papel. No comezo da chamada "era dos computadores", prevíase que o consumo de papel ía diminuír bastante, pois ficaría obsoleto. Porén, esta previsión foi desmentida na práctica: a cada ano, o consumo de papel vén sendo maior.

De feito, os escritorios consomen moito máis papel despois da introdución de computadores. Iso pode ocorrer ben por que cos computadores, o acceso á información aumentou moito (aumentando a oferta de informacións, aumenta tamén a demanda), ou ben pola facilidade do uso de computadores e impresoras, o que permite que o uso do papel sexa menos racional que outrora (escribir á man ou á máquina dactilográfica demandaba moito máis esforzo, diminuíndo o ímpeto de gastar papel con materiais inútiles). De feito, a porcentaxe de papeis impresos que nunca serán lidos é bastante alta na maior parte dos escritorios (especialmente os que dispoñen de impresoras a láser (que imprimen moitas páxinas por minuto).

Fabricación tradicional do papel

miniatura|Fabricación artesanal dunha folla de papel En esencia, no proceso tradicional para a fabricación de papel prepárase unha suspensión de fibras en auga e escórrese nun baruto, de maneira que se produce unha capa de fibras entrelazadas aleatoriamente. Acto seguido, elimínase a auga desta capa mediante presión e secado. Antigamente esas fibras extraíanse de trapos ou pezas vellas de algodón ou de liño, ou da planta do cánabo. A primeira máquina que substitúe o proceso de produción manual construíuse en 1798 e logo foi mellorada en 1803 co nome de máquina de Fourdrinier.

Posteriormente, a maior parte do papel fabricouse con polpa de madeira, debido ao seu menor custo. Con todo, as fibras téxtiles seguiranse empregando ata hoxe en día para a fabricación de papeis de alta calidade.

Fabricación do papel (séculos XX e XXI)

A continuación descríbense distintos procesos que se empregan na actualidade para a elaboración de papel: Polpa de trapos