Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
É sede dun municipio con 316,83 km² de área e 148 474 habitantes (2001), subdividido en 31 freguesías. O municipio é limitado a norte polo municipio de Mealhada, a leste por Penacova, Vila Nova de Poiares e Miranda do Corvo, a sur por Condeixa-a-Nova, a oeste por Montemor-o-Velho e a noroeste por Cantanhede.
Historia
Cidade de rúas estreitas, patios, escadiñas e arcos medievais, Coímbra foi berce de seis reis de Portugal e da Dinastía de Borgoña, así como da primeira Universidade portuguesa, unha das máis antigas da Europa.
Os romanos chamaron á cidade, que se erguía no outeiro sobre o río Mondego, Aeminium. Máis tarde, co aumento da súa importancia pasou a ser sede de Diocese, substituíndo a cidade romana de Conímbriga, de onde derivou o seu novo nome. Durante o dominio mouro, Coímbra tórnase nun importante posto comercial entre o norte cristián e o sur árabe, cunha forte comunidade mozárabe. En 1064 a cidade é definitivamente reconquistada por Fernando Magno de León.
Coímbra renace e tórnase a cidade máis importante por baixo do río Douro, capital dun vasto condado gobernado polo mozárabe Sesnando. Co Condado portucalense, o conde D. Henrique e a raíña D. Teresa fan dela a súa residencia, e foi alí onde nace o primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques, que fai dela a capital do condado, substituíndo Guimarães (ademais esta mudanza da capital para os campos do Mondego virase a revelar vital para facer viábel a independencia do novo país, a todos os niveis: económico, político e social). Capitalidade que Coímbra conservará ata 1255, cando a capital pasa a ser Lisboa.
No século XII, Coímbra presentaba xa unha estrutura urbana, dividida entre a cidade alta, designada por Alta ou Almedina, onde vivían os aristócratas, os cregos e, máis tarde, os estudantes, e a Baixa, do comercio, do artesanado e dos barrios ribeiráns.
Desde mediados do século XVI, a historia da cidade pasa a xirar en torno á historia da Universidade de Coímbra, sendo no século XIX cando a cidade se comeza a se expandir alén do seu casco amurallado, que chega mesmo a desaparecer coa reformas levadas a cabo polo Marqués de Pombal.
A primeira metade do século XIX trae tempos difíciles para Coímbra, coa ocupación da cidade polas tropas de Junot e Masséna, durante a invasión francesa e, posteriormente, a extinción das ordes relixiosas. Porén, na segunda metade do século XIX, a cidade viría a recuperar o esplendor perdido – en 1856 xorde o primeiro telégrafo eléctrico na cidade e a iluminación a gas, en 1864 é inaugurado o ferrocarril e 11 anos despois nace a ponte férrea sobre as augas do río Mondego.
Monumentos
Sé Velha de Coimbra. Sé Nova de Coimbra. Mosteiro de Santa Cruz. Mosteiro de Santa Clara-a-Velha. Universidade e Torre. Portugal dos Pequenitos. Igrexa de Santa Cruz. Porta e Torre de Almedina
Como o propio nome indica, era a porta da Medina, entrada principal da cidade (Coímbra) intramuros.
Sita na parte máis baixa da muralla constituía o aceso de maior importancia militar e civil e o que tiña maior movemento. Foi, orixinariamente, unha porta entre dous cubos avanzados que, máis tarde, foron ligados por medio dun arco fundo e levantado o forte torreón. A Torre é probabelmente unha das torres máis defensivas de maior impoñencia no perímetro da muralla, debido á vulnerabilidade do lugar.
Xardíns Choupal, Parque da Cidade, Jardin de Santa Cruz, Jardin Botanico, Penedo da Saudade.
Freguesías do concello dereita|miniatura miniatura|dereita|Ponte da Raíña Santa Isabel
As freguesías de Coímbra son as seguintes:
Almalaguês Almedina (Coímbra) Ameal Antanhol Antuzede (Coímbra) Arzila Assafarge (Coímbra) Botão Brasfemes Castelo Viegas (Coímbra) Ceira (Coímbra) Cernache Eiras (Coímbra) Lamarosa Ribeira de Frades Santa Clara Santa Cruz Santo António dos Olivais (Coímbra) São Bartolomeu (Coímbra) São João do Campo São Martinho de Árvore São Martinho do Bispo (Coímbra) São Paulo de Frades (Coímbra) São Silvestre Sé Nova (Coímbra) Souselas Taveiro Torre de Vilela Torres do Mondego (Coímbra) Trouxemil Vil de Matos
Notas
Véxase tamén
Condado de Coímbra
Categoría:Coímbra