Joaquín González González, nado en Ousende (O Saviñao) en 1954, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Gandeiro de profesión. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro no Saviñao por Alianza Popular. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Saviñao e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada con 5 concelleiros, pois PSdeG-PSOE con 4 edís e BNG con 3, non chegaron a un entendemento por diferenzas para designar ao alcalde e repartir as áreas municipais. Nas municipais de 1995 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nos sucesivos comicios municipais que tiveron lugar ata 2015. En xullo de 2018 anunciou a súa renuncia a presentarse á reelección nas seguintes eleccións municipais de 2019, abandonando a alcaldía trala súa celebración. Foi sucedido como candidato e tamén alcalde polo seu tenente de alcalde durante todos os seus mandatos, Juan Carlos Armesto Quiroga.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Saviñao
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes do Saviñao Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes