A fosa supraespiñal da escápula é unha formación ósea da omoplata. Está situada na superficie posterior, por encima da espiña escapular. É unha superficie reducida, máis grande na parte interna cá na parte externa ou axilar. Ten forma cóncava. Nos dous terzos mediais atópase a orixe do músculo supraespiñal, que se dirixe cara ao troquíter umeral.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Escápula