José Ramón Villamarín Pallín, nado en Cirio (Pol) o 13 de xaneiro de 1881 e finado en Mondoñedo o 1 de novembro de 1967,Mondoñedo na Memoria 1920: Outubro foi un perito agrícola, xornalista e político galego.

Traxectoria Perito agrícola instalado en Mondoñedo. Foi un dos líderes da Federación Mindoniense de Sociedades Agrarias Católicas xunto con José González Redondo e Antonio Maseda Bouso. Logo da destitución do alcalde José María Álvarez-Mon, foi nomeado alcalde de Mondoñedo por Real Orde a finais de outubro de 1920. En 1921 fundou o semanario Justicia. A principios de 1923 foi nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente de alcalde.Heraldo de Galicia, 13-5-1923, p. 6. Na República foi elixido concelleiro en 1931 pola Derecha Liberal Republicana. Foi presidente do Comité republicano progresista de Mondoñedo.El Pueblo Gallego, 28-2-1932, p. 9. Suspendido como concelleiro, foi reposto no cargo en xuño de 1934.El Compostelano, 19-6-1934, p. 2. Logo do triundo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi reposto como concelleiro e elixido alcalde de Mondoñedo o 4 de marzo.El Pueblo Gallego, 10-3-1936, p. 12.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e trasladado ao Cárcere de Lugo. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión con José Sánchez Gacio, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria o 10 de abril de 1938, foi condenado a 6 anos e 1 día de prisión.

Vida persoal Casou en Mondoñedo con Alicia Taladrid Pérez en 1912.EL Regional, 19-12-1912, p. 2. Foi padriño e pai adoptivo de Alicia Tella-Villamarín Ferreiro.El Progreso,13-11-1959, p. 5.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A República no Concello de Mondoñedo «O xuízo foi inxusto, non se mantiña en pé a acusación» Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1967