Guillermo Otero Villalba, coñecido como Albariño, nado en Mondoñedo en 1896, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Foi xuíz municipal de Mondoñedo (1930-1933). Na República militou en Izquierda Republicana da que foi secretario en 1935. Foi elixido compromisario para elección do presidente República en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938, con José Sánchez Gacio, Francisco García Martínez, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria. Foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua. Preso na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade condicional en maio de 1943.BOE, 6-6-1943, p. 5471-5472. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que se resolveu cunha multa de 300 pesetas. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Expediente de responsabilidade política nº 26/1940 de José Sánchez Gacio e Guillermo Otero Villalba Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Mondoñedo
Categoría:Nados en 1896