Ángel Carro CrespoEl 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses, reportaxe en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 . (tamén citado polo antropónimo galeguizado Anxo), finado en Lugo o 21 de outubro de 1956, foi un empresario galego e valedor do deporte en Lugo durante o franquismo.El Pueblo Gallego, 23-10-1956, p. 11.

Traxectoria Foi presidente da Cámara de Comercio da cidade de LugoInformación na páxina 8 do diario ABC (edición de Andalucía) o martes 2 de outubro de 1956. así como do Círculo das Artes (neste último caso entre os anos 1934 e 1940)Presidentes do Círculo das Artes , páx. 9..

En 1936, en calidade de Presidente da Cámara de Comercio luguesa, enviou á Comandancia Militar 120 paquetes de cigarrillos, para a súa distribución entre as forzas de orde (Exército e Garda Civil) que o 23 de xullo de 1936 comezaron as detencións de destacados persoeiros locais.El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses , artigo en El Progreso o 22 de xullo de 2006.

Nas primeiras eleccións municipais celebradas tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi un dos cinco concelleiros pola circunscrición de Lugo,Las primeras elecciones municipales del franquismo concello do que foi primeiro tenente-alcalde. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Lugo.

Deporte miniatura|Vista do estadio Anxo Carro. Foi presidente da Ximnástica Lucense na década de 1940, até 1947, ano no que dimitiu.

Tanto o vello (que fora unha doazón de Carro Crespo á Ximástica Lucense[http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1977/08/26/pagina-11/1039412/pdf.html Lugo se queda con un solo campo de fútbol], publicado en El Mundo Deportivo'' o venres 26 de agosto de 1977. ) coma o novo (inaugurado en 1974) estadio Anxo Carro onde disputa os seus partidos o Club Deportivo Lugo está nomeado na súa honraEstadios de fútbol con nombres franquistas .

Recoñecementos

Foi nomeado comendador da Orde do Mérito Civil en 1956.[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1956/10/02/008.html ABC, 2-10-1956, p. 8. Notas

Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Finados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido