As Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) son un grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia. Son consideradas un grupo terrorista tanto en Colombia como a nivel internacional. As FARC operan en Colombia e na zona fronteiriza con Venezuela. Participan no conflito armado colombiano dende a súa conformación oficial en 1964 e eran dirixidas por un secretariado de sete membros que estivo baixo o comando de Pedro Antonio Marín, coñecido polos alias de Manuel Marulanda Vélez ou Tirofijo até o seu falecemento en marzo de 2008 por causas naturais. Dende entón, o seu líder en xefe foi Guillermo León Sáenz alias Alfonso Cano até que foi dado de baixa polo Exército de Colombia o día 4 de novembro de 2011. O 15 de novembro, a organización confirmou por medio dun comunicado que o seu novo Comandante en xefe era Rodrigo Londoño Echeverri, alias «Timochenko» ou «Timoleón Jiménez».

As orixes das FARC son anteriores a 1964, ano no que o daquela presidente Guillermo León Valencia decidiu bombardear Marquetalia, un lugar onde estaba asentado un grupo de homes, mulleres e nenos labregos liberais e comunistas. Estes lugares foron denunciados como repúblicas independentes.

As súas accións consistían no narcotráfico, guerra de guerrillas, minaría ilegal, así como técnicas terroristas como a implantación de minas antipersoa, o asasinato de civís, membros do goberno, policías e militares, o secuestro con fins políticos ou extorsivos, atentados con bombas e armas non convencionais (cilindros de gas, animais bomba), actos que provocaron desprazamentos forzados de civís, recrutamento de menores, destrución de pontes e estradas por medio de bombas con dinamita, ademais de destrución de estacións de policía e as casas dos civís que se atoparan preto. Segundo as Nacións Unidas, as FARC e o ELN son responsables do 12 % dos asasinatos de civís do Conflito armado en Colombia.http://www.ipsnews.net/2008/08/colombia-international-criminal-court-scrutinises-paramilitary-crimes/

Contra o ano 2010, estimábase que as FARC tiñan presenza e exercían a súa influencia nalgunhas zonas de 24 dos 32 departamentos de Colombia sobre todo no sur e leste do país, concretamente en Putumayo, Tolima, Nariño, Cauca e Valle del Cauca. O goberno de Colombia reportou a existencia de operacións militares e campamentos nos países que teñen fronteira con Colombia, como Venezuela, Ecuador,BBC Mundo - Campamento de las FARC en Ecuador Panamá e o Brasil.

O seu número de efectivos varía segundo as fontes. No 2001, estimábanse até en 16 000,«Profiles: Colombia's armed groups», en BBC News, 19 de novembro de 2007 (en inglés). pero despois das derrotas sufridas posteriormente, o grupo viuse minguado. Porén, malia o debilitamento por mor da morte dos seus principais líderes, as Forzas Militares de Colombia a través do sector Defensa, e a Consultora en Seguridade e Defensa Decisive Point aseguran que dende 2010 as FARC perdera preto de 2 300 homes. Grazas á presión das forzas estatais colombianas, o grupo armado pasou de ter 10 100 hombres a 7 800. Segundo un informe de Human Rights Watch, entre o 20 e o 30% son menores de 18 anos, moitos dos cales recrutados pola forza.Informe de Human Rights Watch: «Colombia: Armed Groups Send Children to War», 22 de febreiro de 2005. Acceso á versión en liña do 1 de setembro de 2006 (en inglés).

O 23 de xuño de 2016, despois de case catro anos de diálogos entre o goberno colombiano e as FARC-EP desenvolvidos na Habana (Cuba), declarouse o remate das accións militares de ámbolos dous bandos ademais da desmobilización, entrega de armas e reinserción na vida civil dos militantes do grupo subversivo, sendo a fin das FARC como organización insurxente e alzada en armas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Conflito armado en Colombia

Categoría:Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia Categoría:Grupos guerrilleiros de Colombia