Soiuz T-9 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 27 de xuño de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-9, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Aleksandr Pavlovich Aleksandrov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7 e facer experimentos a bordo. Tamén vaciou a nave de carga Cosmos 1443 acoplada á estación e levou a cabo reparacións e mantemento da estación. Durante a misión a estación recibiu a visita das naves Progress 17 e Progress 18. A tripulación regresou o 23 de novembro de 1983 ás 19:58 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T Saliut 7
Notas
Categoría:Programa Soiuz