Hendrikus Abraham Ytsen (Henk) Wolf, nado en Utrecht o 25 de febreiro de 1973, é un lingüista, tradutor e escritor frisón.

Traxectoria É profesor de lingüística e frisón na Universidade NHLSegundo o sistema educativo neerlandés a NHL está rexistrada como unha universidade de ciencias aplicadas NHL Stenden . As súas publicacións lingüísticas tratan principalmente das relacións entre sintaxe e sociolingüística, a orde dos constituíntes en frisón, cambio lingüístico. Tamén publica columnas de divulgación lingüística en  Frysk Deiblêd, Pompeblêden e Doar e presentou en Omrop Fryslân os programas Praat mar Frysk e Skriuw mar Frysk "Wolf, Henk" Sirkwy.nl. Wolf escribe tamén sobre e en frisón setentrional, participou no método de aprendizaxe Snååk Frasch realizado pola Fryske Akademy e Afûk e que inclúe un libro mais un vocabulario frisón occidental/frisón setentrional. En 2006 publicou unha colleita de relatos humorísticos, Wûnderaardichheden e unha novela, tamén de ton humorístico, Youmir, Soan fan in Túnslang.

O 5 de abril de 2015 sufriu un accidente de tránsito no seu jeep mentres conducía entre Aldegea e Garyp cando unha galiñola negra pasou voando e feriuno co peteiro no pé e no ollo dereito. Tras unha operación os médicos dixéronlle que ía quedar cego do seu ollo dereito, pero ao cabo dun mes comezou a ver zonas de luz. A súa experiencia neste accidente e na súa rehabilitación contouna no libro en neerlandés Een meerkoet in mijn oog"Henk Wolf syn boek oer bizar ûngelok is no al útferkocht". Omrop Fryslân, 17 de novembro de 2016.

Obra

2005 – De Fizioenen fan Mary (tradución da novela de Dean Koontz, The Vision) 2006 – Youmir, Soan fan in Túnslang 2006 – Wûnderaardichheden 2016 - Een meerkoet in mijn oog 2018 - Basisboek syntaxis

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial "Is it Frysk âlder as it Nederlânsk?" Vídeo divulgativo realizado por Henk Wolf para a súa canle de Youtube (en frisón) Notas

Categoría:Tradutores dos Países Baixos Categoría:Nados en 1973 Categoría:Escritores en lingua frisoa occidental Categoría:Escritores en lingua frisoa setentrional Categoría:Lingüistas dos Países Baixos Categoría:Nados en Utrecht Categoría:Escritores en lingua neerlandesa Categoría:Presentadores de televisión