A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Xeografía Situación A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

Demografía Padrón municipal 2020 50.252 habitantes Menores de 15 anos 6.848 (13,63 %) Entre 16 e 64 anos 32.103 (63,88 %) Maiores de 65 anos 11.301 (22,49 %)

Fonte: IGE e INE.

Concello Extensión(km²) Poboación (2020)(hab.) Densidade(hab./km²) 10px A Guarda 20,50 10.025 489,02 10px Oia 83,30 3.049 36,60 10px O Rosal 44,13 6.289 142,51 10px Tomiño 106,61 13.566 127,25 12px Tui 68,32 17.323 253,55 TOTAL 322,85 50.252 155,65

Igrexa Está dentro da diocese de Tui-Vigo, abarcando parroquias dos arciprestados de A Guarda-Tebra e Tui-Entenza.

Economía Sobresae a produción pesqueira (A Guarda), coa frota palangreira adicada á captura do peixe espada máis importante do mundo; os vales do Rosal e outros levan as viñas da comarca, cos seus viños incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas.

Política e goberno alt=|miniatura|200px|Partidos na alcaldía de cada concello tras as eleccións municipais do ano 2019. Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PSdeG-PSOE gobernou os concellos de Tui e A Guarda, o BNG os de Tomiño e O Rosal, mentres que o PP o de Oia.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Baixo Miño

Notas

Véxase tamén

Baixo Miño, Comarca de