, nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi o máximo dirixente do Partido Comunista da China (PCCh) e da República Popular da China. Baixo o seu liderado, o Partido Comunista fíxose co poder na China continental en 1949, cando se proclamou a nova República Popular, trala vitoria na guerra civil contra as forzas da República da China. A vitoria comunista provocou a fuxida de Chiang Kai-shek e os seus seguidores do Kuomintang para Taiwán e converteu a Mao no líder máximo da China ata a súa morte en 1976.
No plano ideolóxico, Mao asumiu as formulacións do marxismo-leninismo pero con matices propios baseados nas características da sociedade chinesa, moi diferente da europea. En particular, o comunismo de Mao outorga un papel central á clase campesiña como motor da revolución, formulación que difire da visión tradicional marxista-leninista da Unión Soviética, que vía os campesiños como unha clase con escasa capacidade de mobilización e adxudicaba aos traballadores urbanos o papel central na loita de clases.
A etapa de goberno de Mao estivo caracterizada por intensas campañas de reafirmación ideolóxica, que provocarían grandes conmocións sociais e políticas na China, como o Gran salto adiante e especialmente a Revolución Cultural, momento no que o seu poder alcanzou as cotas máximas ao desenvolverse un intenso culto á personalidade en torno á súa figura. Aínda hoxe en día, o papel histórico de Mao está rodeado dunha gran controversia. Anos logo da súa morte, en 1981, o Partido Comunista da China publicou unha análise oficial sobre a responsabilidade de Mao nos problemas sociais e económicos derivados das súas políticas, no que se lle atribuían erros graves, aínda cando se recoñecía o seu papel como gran líder revolucionario e artífice da subida ao poder do Partido Comunista. A partir de entón, o Partido Comunista da China mantivo esta valoración histórica de Mao como un gran líder, fonte de lexitimidade do propio partido, que con todo cometería algúns erros graves. Fóra da República popular, as valoracións de Mao variaron desde a visión amable que o mostraba como un líder popular Esta visión amable de Mao fíxose bastante habitual en Occidente grazas ao libro do estadounidense Edgar Snow Red Star over China ("Estrela vermella sobre a China"), publicado, antes da súa etapa máis sanguenta, en 1939. ata a percepción da súa etapa no poder como un exemplo de autoritarismo tiránico e brutal.Chang e Halliday (2006) consideran a Mao un ditador tiránico, que sería responsable directo da morte de máis de 70 millóns de chineses. .Li Zhishui (1995), que afirmaba ser médico persoal de Mao, móstrao como un líder caprichoso e obsesionado co poder. A maior discrepancia entre estas visións contrapostas da figura de Mao refírese a cal sería o seu nivel de responsabilidade no fracaso de moitas das políticas radicais que se adoptaron durante o seu liderado, así como ás cifras de mortos como consecuencia, directa ou indirecta, desas campañas políticas (os máis alcistas falan de máis de 70 millóns, os máis baixistas dan 10 millóns . Doutra banda entre 1949 e 1975 a esperanza de vida duplicouse: de 32 a 65 . En principios dos anos 1970, Shanghai tiña unha taxa de mortalidade infantil menor que Nova York.Penny Kane, The Second Billion (Nueva York: Penguin, 1987); Ruth e Victor Sidel, Serve the People: Observations on Medicine in the People's Republic of China (Nova York: Josiah Macy Jr. Foundation, 1973). Nunha xeración, a taxa de alfabetización subiu do 15 % en 1949 ao 80 % a mediados dos anos de 1970.Ruth Gamberg, Red and Expert (Nueva York: Schoken, 1977). Entre 1949 e 1976 a China, o «enfermo de Asia», transformouse nunha potencia industrial importante, cunha taxa de desenvolvemento igualada soamente polos grandes auxes de crecemento da historia.S. Ishikawa, "China's Economic Growth Since 1949", China Quarterly, junio 1983; Raymond Lotta, "The Theory and Practice of Maoist Planning", en Maoist Economics and the Revolutionary Road to Communism (Nova York: Banner, 1994); Carl Riskin, "Judging Economic Development: The Case of China", Economic and Political Weekly, 8 de octubre de 1977.
En 1961 rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do PCUS. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural en 1966 para consolidar o maoísmo.
Teoría política
Durante a década de 1920, Mao desenvolveu algunhas das súas teorías políticas, como a teoría da "loita de dúas liñas" no seo do Partido Comunista, xa formulada por Marx, Engels e Lenin. Fixo grandísimas contribucións na área da filosofía, especialmente á dialéctica con obras como "Sobre a contradición". As súas ideas tiveron un grande impacto nas xeracións posteriores e afectaron de modo significativo ó resto do mundo.
Durante a década de 1950, Mao comezou a consolidar a súa visión particular da ideoloxía comunista, que en moitos aspectos se afastaba do discurso dos fundadores do comunismo chinés. As ideas de Mao consolidaríanse como ideoloxía propia do Partido Comunista da China durante a época da ocupación xaponesa, entre 1938 e 1945. Á versión do comunismo inspirada por Mao denomínaselle, fóra da China, «maoísmo»; no uso do propio Partido Comunista da China, prefírese a designación «Pensamento de Mao Zedong». As ideas de Mao han ter unha grande influencia no desenvolvemento doutros movementos comunistas, particularmente en Asia, África e América Latina.Garner, William R. "The Sino-Soviet Ideological Struggle in Latin America", publicado en Journal of Inter-American Studies, Vol. 10, No. 2 (abril de 1968), pp. 244-255. Despoñible no arquivo de JSTOR.
Unha das súas principais ideas era a visión dos campesiños como o motor da revolución. Tradicionalmente, as ideas marxistas-leninistas xiran ao rededor dos obreiros industriais como a forza que conduciría á revolución. Mao deuse conta de que este non era o caso da China, e que a revolución se debía desenvolver desde o campesiñado. Naquel tempo, a China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, os cales acabarían apoiando as ideas de Mao.
Segundo a súa teoría, o marxismo-leninismo debía aplicarse aos casos concretos e situacións específicas. Mao partía da idea de que os campesiños debían formar a base da revolución comunista, o que só era posible se os dirixentes políticos absorbían a mensaxe da revolución e a facían comprensible para a poboación campesiña. Isto significaba que os dirixentes políticos debían ser conscientes das realidades locais e tratar de integrar as aspiracións dos campesiños coa política do partido. Mao tamén se baseou nas teorías de Hegel e Marx para desenvolver o materialismo dialéctico, aplicando a teoría da dialéctica aos conflitos reais do mundo, afirmando que só a realidade do conflito era o que tiña importancia. Mao desenvolveu unha teoría da dialéctica que seria analizada por décadas.
Mao tamén desenvolveu teorías como a estratexia de tres fases na guerra de guerrillas e o concepto da ditadura democrática do pobo. Así mesmo, defendeu a Revolución Cultural como mecanismo para evitar a restauración do capitalismo.
Entre 1957 e 1960, Mao dirixe unha ambiciosa campaña de masas denominada Gran salto adiante, política desenvolvementista que marcaba o distanciamento entre o comunismo chinés e o soviético. O Gran salto adiante foi un fracaso, e provocou unha gran fame, que se viu agravada por catástrofes naturais.
Entre 1966 e 1969, alentado por seguidores como Lin Biao e a súa propia esposa Jiang Qing, promoveu unha nova campaña de mobilización social, a Revolución Cultural, co obxectivo, segundo Mao, de profundar a construción do socialismo e impedir a restauración capitalista; no entanto, hai quen considera que, no fondo, os auténticos obxectivos da Revolución Cultural eran apartar do poder a Liu Shaoqi, presidente da República Popular da China, e a Deng Xiaoping, secretario xeral do partido, que o apartaran do poder efectivo após o fracaso do Gran salto adiante. Para iso, socavou os apoios dos dirixentes do partido, creando estruturas de poder paralelas como comités revolucionarios e, de xeito especial, os «Gardas Vermellos», novos adoutrinados que «atacaban» a quen eran considerados reaccionarios ou contrarrevolucionarios. Mao acabaría, con todo, pedindo ao exército que acabase cos desmandos dos gardas vermellos, ante os crecentes actos de intimidación e violencia provocados por estes. En abril de 1969, o IX Congreso Nacional do Partido Comunista da China deu por concluída a Revolución Cultural e suspendéronse as actividades dos Gardas Vermellos. As loitas de poder que se sucederon a continuación levarían a unha situación de grande inestabilidade ata despois da morte de Mao, cando os reformistas liderados por Deng Xiaoping conseguirían facerse co poder.
Como líder ideolóxico do partido, a figura de Mao dominou a política e a sociedade da República Popular da China ata a súa morte o 9 de setembro de 1976 en Pequín. Nome Nomes Tradicional 毛澤東 潤芝¹Simplificado 毛泽东 润芝Pinyin Máo ZédōngWade-Giles Mao Tse-tung Alfabeto Fon. Int. /mau̯ː tsɤtʊŋ/ EscoitarApelido: Mao
Traxectoria miniatura|Mao en 1913 miniatura|Mao Tse Tung en 1927.