O areeiro ou bolo pequeno (Ammodytes tobianus) é unha especie de peixe actinopeterixio mariño, da familia dos ammodítidos.Crespo, J., J. Gajate e R. Ponce, 2001. «Clasificación científica e identificación de nombres vernáculos existentes en la base de datos de seguimiento informático de recursos naturales oceánicos». Instituto Español de Oceanografia, Madrid, España. 414 p.Bauchot, M.-L., 1987. «Poissons osseux». p. 891-1421. En W. Fischer, M.L. Bauchot e M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma.
A súa pesca é habitual e moi comercial. Ademais de para alimentación humana é utilizado como carnada para a pesca de peixes maiores. Morfoloxía De corpo moi alongado e delgado co lombo tipicamente de cor marrón-area, cunha lonxitude máxima descrita de 20 cm. Non teñen espiñas nas aletas, cuns 49 a 58 raios brandos na aleta dorsal e 24 a 32 na anal; con escamas na liña media anterior á aleta dorsal e sobre a musculatura na base da aleta caudal; as marxes das aletas dorsal e anal son rectas con raios de igual lonxitude; liña lateral de poros aliñados en ringleira ao longo de canles non ramificadas.
Existen dous grupos de desova distintivos pero a miúdo simpátricos na súa área de distribución, pero non se lles deu o status de subespecie, aínda que os grupos reprodutores difiren no número de vértebras (o de outono maior que o da primavera), coa estrutura dos otólitos e probablemente debido aos hábitats.Bauchot, M.-L., 1987. «Poissons osseux». p. 891-1421. En W. Fischer, M.L. Bauchot e M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma.
Bioloxía Son peixes territoriais, que alternan entre agocharse soterrados no substrato areoso e nadar en cardume na masa de auga.Arias, A. e P. Drake, 1990. «Estados juveniles de la ictiofauna en las caños de las salinas de la bahía de Cádiz». Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía. CSIC. Os adultos aliméntanse de zooplancto e algunhas diatomeas grandes. Hiberna no inverno enterrado na area a profundidades de 20 a 50 cm.Muus, B.J. e J.G. Nielsen, 1999. «Sea fish». Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Dinamarca. 340 p.
Distribución e hábitat Distribúese polas costas do océano Atlántico nordeste, desde Murmansk até España, incluíndo Islandia e o mar Báltico, así como polo mar Mediterráneo.Reay, P.J., 1986. «Ammodytidae». p. 945-950. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, París. Vol. 2.Riehl, R., 1978. «Zur Fischfauna von Ibiza, Balearen». Senckenbergiana biol. 59:173-182. Son peixes mariños de augas tépedas de comportamento demersal, que prefiren profundidades entre 1 m e 96 m.Ocean Biogeographic Information System, 2006. OBIS-extracted Depth Data. Harvested by E.Agbayani July 2006 at www.iobis.org. O seu hábitat son as augas costeiras, especialmente as baías areentas e as praias, así como tamén a zona intermareal e os estuarios. É raro atopalo en mar aberto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
AQUATAB.NET
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Peixes do océano Atlántico