O Museo Nacional Romano (en ) é un conxunto de museos en Roma (Italia), dividido en varios lugares da cidade. Foi fundado en 1889 e inaugurado en 1890, durante o Risorgimento, co propósito de coleccionar antigüidades que van dende o século -V ao século III.
A primeira colección formouse coas coleccións arqueolóxicas do Museo Kircheriano e os numerosos novos descubrimentos en Roma durante o plan da cidade despois de que se convertese na nova capital do novo Reino de Italia. Inicialmente pretendíase que se mostrase nun «Museo Tiberino» (que nunca se levou a cabo), mais en 1901 o Estado outorgou o beneficio á institución da Vila Ludovisi e a importante colección nacional de esculturas antigas.
A súa base estabeleceuse no claustro do século XVI construído por Miguel Anxo en parte das termas de Diocleciano, que aínda son a súa base principal. Esta adaptación dos edificios a un novo propósito comezou para a Exposición de 1911 e acabou na década de 1930. Nos anos 1990, nunha transformación radical, as coleccións do museo dividíronse en catro lugares diferentes.
Véxase tamén
Ligazóns externas Official Website of the Museo Nazionale Romano Roma 2000 information
Categoría:Museos de Italia Categoría:Arquitectura en Roma