Racer-X é o terceiro EP da banda estadounidense de post-hardcore Big Black, publicado no ano 1984 a través do selo Homestead Records. O traballo foi reeditado por Touch and Go Records en 1992.

Racer-X foi o primeiro disco de Big Black en cimentar a súa formación instrumental de dúas guitarras, un baixo e unha caixa de ritmos Roland TR-606. Foi o derradeiro traballo en contar co baixista Jeff Pezzati que doixou a banda para dedicar máis tempo ao seu grupo principal, Naked Raygun.

Ao igual que os dous primeiros EPs de Big Black, o disco orixinal só seis cancións (cinco de Big Black e unha de James Brown), cunha duración de menos de 20 minutos.

Título Racer X era unha personaxe da serie seminal de anime Speed Racer. A canción título do EP fai numerosas referencias ao programa de televisión orixinal.

Sinxelo A canción "Il Duce" (sobre Benito Mussolini) gravouse na mesma sesión que os temas de Racer-X. A canción foi editada o seguinte ano como un sinxelo en 7" con "Big Money", do álbum Atomizer, como cara b. Homestead Records tamén lanzou unha versión promocional en 12" do sinxelo con "Il Duce" e "Big Money" na cara A e tres temas ao vivo na B.

Portada O EP orixinal ten unha portada realizada por Nate Kaatrud (máis coñecido como National Kato/Nash Kato) da banda Urge Overkill. Cando Touch and Go reeditou o traballo en 1992 non atoparon a portada orixinal e deseñouse unha nova.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:EPs de Big Black Categoría:EPs musicais de 1984 Categoría:EPs de Homestead Records