Xosé Antón Rubal Pernas, nado no Valadouro en 1964 é un actor e director de dobraxe galego.

Traxectoria Actor e director de dobraxe dende 1985, sendo a voz habitual de actores como Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig. É recoñecido por ser a voz de Son Goku (adulto), subtituíndo a Julio Lorenzo a partir do episodio 244 de Dragon Ball Z e continuando nas producións posteriores da saga. Tamén colaborou na versión en galego de filmes como Pulp Fiction ou Apocalypse Now e de series como A Nanny (sendo a voz de Maxwell Sheffield), O príncipe de Bel-Air, Heidi ou Marco.

Como director de dobraxe traballou en series como Dragon Ball GT, Sakura, cazadora de cartas ou filmes como Xogo de armas ou Escuadrón Suicida.

É profesor de dobraxe na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Filmografía Series de televisión Gondar (2009)

Curtametraxes Ollobrusco (2010) Un gato na árbore (2010) Birdboy'' (2011)

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes