A Schweizer Münzblätter (de), cabeceira trilingüe tamén titulada Gazette Numismatique Suisse (fr) e Gazzetta Numismatica Svizzera (it) é unha revista numismática de periodicidade trimestral publicada pola Sociedade Suíza de Numismática desde outubro de 1949.Schweizer Münzblätter. Cabeceira do número 1. Outubro de 1949.

O seu primeiro director foi Herbert A. Cahn, ata 1964."HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse.

Schweizer Münzblätter (SM) é un dos dous órganos de expresión da Sociedade Numismática Suíza, xunto con Schweizerische Numismatische Rundschau (SNR).

A revista publica artigos científicos sobre a historia da moeda, o diñeiro e a economía ao longo da historia e en diferentes rexións, escritos en calquera dos tres idiomas da súa cabeceira. No entanto, os artigos publicados en SM adoitan ter menor extensión que os aparecidos en SNR. Ademais destes artigos, Schweizer Münzblätter é un boletín informativo sobre numismática suíza, con recensións bibliográficas, noticias, e avisos sobre exposicións e conferencias sobre numismática, así como as actas da Sociedade Numismática Suíza.

Consello editorial O consello editorial das revistas publicadas pola Sociedade Suíza de Numismática está composto polas seguintes persoas:"Editorial Board ". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.

Michael Alram (Viena). Michel Amandry (París). Wolfgang Fischer-Bossert (Viena). Hans-Ulrich Geiger (Zürich). Lutz Ilisch (Tübingen). Ulrich Klein (Stuttgart). Denis Knoepfler (Neuchâtel). William E. Metcalf (Connecticut). Markus Peter (Berna). Samuele Ranucci (Perugia). Lucia Travaini (Milán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sociedade Suíza de Numismática

Ligazóns externas Espazo de Schweizer Münzblätter na web da Sociedade Suíza de Numismática Acceso en liña a todos os números

Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Suíza Categoría:Revistas científicas