Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010). O seu xentilicio é ou .
É o centro comercial dunha comarca que mantén a vila cun movemento demográfico positivo.
Xeografía Situación Negreira linda ó norte cos concellos da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicada con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a AC-544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.
A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre, no Val do Barcala, nunha posición estratéxica entre a vía romana per loca marítima de Grandimirum (Brandomil) a Aquis Celenis (Caldas de Reis) e a ruta fluvial do Tambre, que ascende desde a costa de Noia (A Ponte Nafonso) cara o interior.
Debe parte da súa situación á súa proximidade a Santiago de Compostela, da que dista un cuarto de hora grazas ao corredor Santiago-Noia e aos prezos máis baixos da vivenda, inferiores aos de Bertamiráns (Ames) ou Brión).
Demografía
Censo total 2014 7.009 habitantes Menores de 15 anos 920 (13.12 %) Entre 15 e 64 anos 4.352 (62.09 %) Maiores de 65 anos 1.737 (24.78 %)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Historia
No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, do ano 1 d.C.. Consérvanse no Museo do Pobo Galego, nunha das salas de Historia de Galicia. Hai restos de poboados castrexos en Broño, Logrosa, Vilachán e Xallas.
O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. En 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. En 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída en 1113.
Os Reis Católicos declararon a vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I en 1520.
Cultura Patrimonio O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, malia estar documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela, balaustrada barroca e piso superior cunha galería de grandes piares.
Economía
A economía está asentada no sector primario: agricultura e gandería. Cultívanse principalmente millo, pataca e cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para o gando, maioritariamente vacún. A gandería céntrase no bovino, con predominio das frisoas leiteiras. As cooperativas leiteiras da bisbarra fundaron Feiraco, que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.
Durante a Guerra civil española e a segunda guerra mundial houbo, amais, unha explotación mineira de tungsteno.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Negreira Para unha lista completa de tódolos lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Negreira
Ligazóns externas Páxina do concello nicrariense
Categoría:Negreira Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra