O tristepía (Dolichonyx oryzivorus) é unha pequena ave ictérida americana e único membro do xénero Dolichonyx. Reprodúcese no verán nos Estados Unidos e o Canadá, coa maioría da súa área de distribución no verán na parte norte dos Estados Unidos. Fan unha longa emigración a América do Sur para pasaren o inverno, principalmente en Paraguai, Arxentina e Bolivia. En raras ocasións vense exemplares migrantes en Europa. As poboacións de tristepía están declinando rapidamente debido a numerosos factores, como a intensificación da agricultura e a perda de hábitat; están considerados como ameazados no Canadá, e están en risco en parte da súa área de distribución, pero no conxunto de América son consideradas en situación "pouco preocupante".
Trátase dunha especie polixínica e gregaria, que se alimenta de diversos tipos de grans, incluíndo o arroz. Pode formar bandadas de miles de individuos. Durante a tempada reprodutora, exhibe un marcado dimorfismo sexual que logo se esvae cando o macho muda a súa plumaxe por unha similar á da femia, pouco antes de emprender a súa viaxe ao sur. É un dos poucos paseriformes que experimentan dúas mudas de plumas anuais, cambiando a súa plumaxe completa tanto en América do Norte coma do Sur.López-Lanús, Bernabé; Marino, Gustavo D., eds. (2010). Aportes al conocimiento de la ecología del Charlatán y su estado actual en la Provincia de Santa Fe, Argentina. Temas de Naturaleza y Conservación, Monografía de Aves Argentinas N° 7. Buenos Aires (Argentina): Aves Argentinas / Asociación Ornitológica del Plata. ISBN 978-987-26580-0-7. Archivado desde el original el 4 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2011.«Bobolink». All About Birds (en inglés). Ithaca (Nueva York): Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 29 de decembro de 2010. Os tristepías son aves de gran lonxevidade: viven comunmente cinco ou seis anos.
Taxonomía
O tristepía pertence á familia Icteridae, que comprende aves paseriformes orixinarias de América do Norte e do Sur. Constitúe un xénero monotípico —Dolichonyx—, o cal significa que é a única especie clasificada dentro dese xénero. O parente máis próximo do tristepía probablemente sexa o Xanthocephalus xanthocephalus; estas dúas especies, xunto co xénero Sturnella, filoxeneticamente un pouco máis afastado, integran a subfamilia Sturnellinae, un taxon basal dentro da familia dos ictéridos.
O tristepía foi descrito como especie por Carl Linné en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema naturae co nome científico Fringilla oryzivora.The Taxonomicon. «Dolichonyx oryzivorus (C. Linnaeus, 1758) - bobolink» (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2011. Posteriormente, en 1827, William Swainson substituíu esta denominación pola de Dolichonyx oryzivorus. Robert Ridgway describiu a subespecie Dolichonyx oryzivorus albinucha, correspondente ás poboacións occidentais, en contraposición á subespecie nominal linneana (D. o. oryzivorus); pero logo, en 1894, a validez destas subespecies foi anulada pola Unión Ornitolóxica Americana e actualmente considérase unha especie monotípica. O nome do xénero Dolichonyx vén do grego antigo dolikhos, 'longo', e onux, 'gadoupa'. O seu nome específico, oryzivorus, significa 'comedor de arroz' en latín. Porén, este nome, instituído por Linneo en 1758, é previo á creación de cultivos de arroz en América como recurso alimenticio para a poboación humana e, segundo se cre, fai referencia máis ben a outras plantas da familia do arroz e non ao arroz propiamente dito (Oryza sativa), pois a súa adopción data de antes de que a ave comenzase a ser considerada unha praga para ese cultivo.
Descrición Medidas:
Lonxitude: 15-21 cm Peso: 28-57 g Envergadura: 27 cm
Os adultos adoitan ter entre 16 e 18 cm de longo con bicos curtos similares aos dos pimpíns e pesos duns 28 g. Os machos adultos na época reprodutora son principalmente negros con calugas cor crema e escapulares, costas inferiores e sobrecús brancos. As femias adultas son principalmente marróns claras con liñas negras nas costas e flancos, e liñas escuras na cabeza; as súas ás e colas son máis escuras. Na época non reprodutora as diferenzas ente machos e femias anúlanse.Deinlein, Mary (febreiro de 1997). «Smithsonian Migratory Bird Center: Bobolink» (en inglés). Instituto Smithsoniano. Arquivado desde o orixinal o 9 de marzo de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2010.
miniatura|Femia
Distribución e migración O tristepía reprodúcese no verán en América do Norte ao longo de gran parte do sur do Canadá e norte dos Estados Unidos; desde 1966 a 2015 a especie está experimentando un decrecemento da poboación anual do 1,5 % na maior parte da súa área de reprodución, que se estende desde o medio oeste dos estados Unidos ás provincias marítimas atlánticas canadenses. Migra a grandes distancias, invernando en América do Sur. Rastreouse un exemplar que migrou 19.000 km durante un ano, a miúdo cubrindo longas distancias de ata 1.800 km nun só día, despois parando para recuperarse durante días ou semanas.
Adoita migrar en bandadas, alimentándose nos campos cultivados de gran e arroz, o que fai que os agricultores o consideren unha praga nalgunhas áreas. Aínda que migran a grandes distancias, raramente se vén por Europa (probablemente como aves que chegan vagantes desde América, a maioría rexistradas nas Illas Británicas).
A especie come grandes cantidades de gran e de arroz en Carolina do Sur e a costa do Golfo de México dos Estados Unidos durante a súa migración ao sur en outono. Unha das principais rutas de migración é a través de Xamaica, e antigamente eran capturadas para comelas, despois de que chegaban gordas por comeren arroz nos Estados Unidos.
Son a única especie de ave terrestre que migra anualmente ás illas Galápagos, que están a 2.000 km das súas rutas principais de migración. Charles Darwin recolleu un tristepía nas illas Galápagos en 1835.Darwin, C. R. 1963. Darwin’s ornithological notes (Nora Barlow, Editor). Bulletin of the British Museum (Natural History), Historical Series 2:201–278. Hipotetizouse que actúan nas illas como vectores dos parasitos que causan a malaria aviar. Ademais, o tristepía nas Galápagos aliméntase de Drymaria cordata, unha planta nativa das illas pero moi invasiva noutras partes, que enredada nas súas plumas podería ser transportada e espallarse polo continente.
Comportamento
Reprodución Os seus hábitats reprodutores son os campos de herbas, especialmente os campos de feo de América do Norte. En hábitats de alta calidade, os machos adoitan ser polixínios. As femias poñen de cinco a seis ovos nun niño cupuliforme, que está sempre situado no chan e está normalmente ben agochado entre vexetación densa. Ámbolos proxenitores alimentan as crías.
Alimentación
Aliméntanse no chan ou preto do chan e principalmente comen sementes e insectos. Comen gran número de eirugas, como as das bolboretas Mythimna unipuncta e Spodoptera frugiperda, actuando como un control de pragas natural.
Vocalizacións
A súa vocalización adoita emitirse en voo e foi descrita como un melódico pink, como un inkh nasal,Howell, S. N. G.; Webb, S. (1995). A Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America (en inglés). Oxford (Inglaterra): Oxford University Press. ISBN 978-0198540120. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. ou como un fink ascendente e arfante.Schulenberg, T. S.; Stotz, D. F.; Lane, D. F.; O'Neill, J. P.; Parker, T. A., III (2008). Birds of Peru (en inglés). Princeton (Nueva Jersey): Princeton University Press. ISBN 978-0-7136-8673-9. Tamén profire un repenico seco. A súa canción, metálica e alegre, é un b'bob-o-lii'ink afrautado e vagamente onomatopéico, do que derivou o nome que se lle dá en inglés: bobolink.
Status e conservación Durante o século XIX o tristepía, xunto con moitas aves, era cazada en grandes cantidades para o comercio de carne.
O número destas aves descendeu debido á perda de hábitat. É unha especie en risco en Nova Scotia, Canadá e por todo Canadá. En Vermont, EUA, observouse un declive do 75 % entre 1966 e 2007. Orixinalmente, atopábanse en praderías de herbas altas e outras áreas abertas con vexetación herbácea densa. Aínda que os campos de feo son hábitats axeitados para eles, se os campos son recollidos temperamente ou moitas veces nunha estación poden non ter tempo dabondo para que as crías cheguen a emplumar. Atrasar a colleita do feo en só 1,5 semanas pode mellorar a supervivencia desta ave nun 20 %. Esta especie aumentou en número na época en que os cabalos eran o principal modo de transporte e necesitaban unha grande subministración de feo.
Un estudo de 2021 atopou que a reintrodución do bisonte americano nos Estados Unidos foi prexudicial para os tristepías, e causou unha diminución das poboacións adultas do 62 % e das poboacións xuvenís do 84 %. Isto pénsase que se debeu a que moitas das novas mandas de bisontes eran xestionadas máis como se fose gando que como animal silvestre, deixándoos a miúdo en pastos valados e protexidos da depredación, o cal favorece o sobrepastoreo, o pisado da terra e a rápida multiplicación. O estudo tamén atopou que un menor consumo de pasto polo bisonte non tiña os mesmos efectos daniños, o que demostraba que as dúas especies poderían coexistir nas condicións correctas.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Smithsonian Migratory Bird Center: Bobolink Bobolink – Cornell Lab of Ornithology The Nature Conservancy's Grassland Birds: Bobolink Bobolink - Dolichonyx oryzivorus - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
Categoría:Ictéridos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné