Para María de Boulogne, que foi condesa de 1422 a 1437, véxase María de Auvernia.
María de Blois ou de Boulogne, nada en 1136 e finada en Montreuil o 25 de xullo de 1182, foi condesa de Boulogne dende 1159 ata 1170. Era filla de Estevo de Blois, conde de Mortain, despois duque de Normandía e rei de Inglaterra, e de Matilde, condesa de Boulogne. Traxectoria De moza, foi internada nun convento en Stratford, Middlesex S. P. Thompson, «Mary, suo jure countess of Boulogne (d. 1182) », Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, Set 2004; online edn, Oct. 2006.. En 1150/1152, os seus pais estableceron un novo convento para ela en Lillechurch (agora Higham, en Kent), unha dependencia da abadía de Saint-Sulpice des Bois (preto de Rennes)<ref name="Odnb"/>. Aínda que non ostentaba o título de prioresa, segundo toda a evidencia ocupaba un cargo de autoridade neste convento. Pouco antes de 1160, converteuse en abadesa de Romsey, unha recoñecida institución relixiosa. Non obstante, os seus dous irmáns morreron en 1153 e 1159 respectivamente, deixándoa como condesa titular de Boulogne. Mateo de Alsacia secuestrouna dun convento e casou con ela pola forza, converténdose así en conde iure uxoris de Boulogne. A Igrexa reaccionou de inmediato e excomungou á parella, pero permaneceron unidos. A excomuñón renovouse en 1162 e estendeuse aos cóengos que os apoiaban, e logo a cidade de Boulogne foi sancionada cun interdito canónico en 1168. Finalmente, a parella someteuse e separouse en 1170 e o matrimonio foi anulado. María retirouse a Montreuil, mentres que Mateo continuou a gobernar o condado de Boulogne.
Matrimonio e descendencia Casou con Mateo de Alsacia e tiveron dúas fillas:
Ida de Lorena (finada 1216), condesa de Boulogne, casada con: # en 1181 con Xerardo de Güeldres (finado en 1181). # en 1183 con Bertoldo IV (finado en 1186), duque de Zähringen. # en 1190 con Renaldo (c. 1175 - 1227), conde de Dammartin. Matilde de Boulogne (1170 - 1210), casou en 1179 con Henrique I (1165 - 1235), duque de Brabante. Notas
Véxase tamén Bibliografía Alain Lottin, Histoire de Boulogne-sur-Mer.
Categoría:Finados en 1182 Categoría:Nados en 1136 Categoría:Personalidades sen imaxes