O 12 de febreiro é o 43º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 322 días para finalizar o ano, 323 nos anos bisestos.
Acontecementos 881: o papa Xoán VIII coroa a Carlos III o Gordo como rei de Italia. 1818 - Bernardo O'Higgins declara a independencia de Chile 2001 - Unha nave da NASA pousa por primeira vez na superficie dun asteroide. 2002 - Entra en vigor o Protocolo Facultativo á Convención sobre os Dereitos do Neno, impulsado pola ONU, que eleva a idade mínima de recrutamento e participación en hostilidades de 15 a 18 anos. 2005 - Arde en Madrid a Torre Windsor.
Nacementos miniatura|100px|Charles Darwin. 1637 - Jan Swammerdam, científico dos Países Baixos (m. 1680). 1800 - John Edward Gray, naturalista, botánico e zoólogo inglés (m. 1875). 1809 - Abraham Lincoln, presidente de Estados Unidos (m. 1865). 1809 - Charles Darwin, naturalista inglés, pai da teoría da evolución (m. 1882). 1837 - Emilia Calé, narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá. 1850 - William Morris Davis, xeógrafo norteamericano (m. 1934). 1864 - Xosé Fontenla Leal, intelectual galeguista (m. 1919). 1866 - Enrique Simonet pintor valenciano.(m. 1927) 1871 - Adolfo Emanuel Guimarães de Azevedo, escritor brasileiro (m. 1907). 1884 - Max Beckmann, artista alemán (m. 1950). 1888 - Clara Campoamor, defensora do voto feminino en España (m. 1972). 1905 - Federica Montseny, anarquista española (m. 1994). 1909 - Zoran Mušič, pintor esloveno (m. 2005). 1920 - Alfonso Armada Comyn, militar español. 1932 - Juan María Bandrés, político vasco (m. 2011). 1948 - Raymond Kurzweil, pioneiro da tecnoloxía informática. 1949 - Joaquín Sabina, cantautor español. 1969 - Darren Aronofsky, director de cine estadounidense. 1980 - Christina Ricci, actriz estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Julio Cortázar. 1804 - Immanuel Kant, filósofo alemán (n. 1724). 1819 - Francisco Xavier Balmis, médico militar español (n. 1753). 1889 - Manuel Villacampa del Castillo, militar galego (n. 1827). 1935 - Georges Auguste Escoffier, chef francés que popularizou e renovou os métodos tradicionais da culinaria francesa (n. 1846). 1939 - S. P. L. Sørensen, químico dinamarqués (n.1868)
1976 - Gonzalo Becerra Souto, político galego agochado corenta anos (n. 1910). 1979 - Jean Renoir, cineasta francés (n. 1894).
1984 - Julio Cortázar, escritor arxentino (n. 1914). 1987 - Ángel Barja, compositor galego (n. 1938). 1989 - Thomas Bernhard, escritor austríaco (n. 1931). 1990 - Robert Ouko político kenyano (n.1931) 2000 - Charles Schulz, debuxante estadounidense (n. 1922). 2012 - Germán Sánchez Ruipérez, editor español (n. 1926).
Festas e celebracións Día Internacional Contra a Utilización de Meniños Soldado
Outros Santoral: Santa Eulalia.
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro