O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.
Acontecementos 1073 - Afonso VI prende e encarcera o seu irmán García II usurpando a coroa do Reino de Galiza. 1542 - No Brasil, os conquistadores españois Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana descobren o río Amazonas. 1542 - En Londres (Inglaterra), o rei Henrique VIII ordena a execución da súa quinta esposa, Catarina Howard. 1668 - Asínase o Tratado de Lisboa, mediante o que España recoñece a independencia de Portugal. 1880 - Afonso XII, Rei de España, asina a Lei de abolición da escravitude. 1917 - A espía holandesa Margaretha Geertruida Zelle, coñecida como "Mata Hari", é detida nun hotel de París. 1936 - Estrea en Londres da película Modern Times, de Charlie Chaplin. 1944 - A cidade de Rostov é liberada da ocupación nazi durante a segunda guerra mundial. 1947 - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas acorda a creación dunha Comisión de Desarme Mundial. 1960 - Francia explota a súa primeira bomba atómica no deserto de Alxeria. 1984 - Konstantín Chernenko elixido novo secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética. 1991 - En Iraq, dúas bombas intelixentes estadounidenses destrúen un refuxio antibombas subterráneo, matando a centos de civís iraquís. 2007 - Corea do Norte acorda poñer fin ao seu programa nuclear a cambio de axuda económica e combustible.
Nacementos miniatura|150px|Johán Carballeira. 1599 - Alexandre VII, Papa (m. 1667). 1805 - Peter Gustav Lejeune Dirichlet, matemático alemán (m. 1859). 1818 - Vicente Manuel Cociña Vizoso, político e xornalista galego (m. 1854). 1849 - Lord Randolph Churchill, político británico (m. 1895). 1855 - Paul Deschanel, presidente francés (m. 1922). 1862 - Francisco Suárez Salgado, sacerdote e xornalista galego (m. 1910). 1874 - Juan Pla Zubiri, rexistrador e escritor galego (m. 1936). 1883 - José Alonso Obregón, sacerdote e escritor galego (m. 1936). 1902 - Johán Carballeira, político e xornalista galego (m. 1937). 1903 - Georges Simenon, novelista belga (m. 1989). 1910 - William Shockley, Premio Nobel de Física (1956) estadounidense (m. 1989). 1922 - José García García, político galego (m. 2007). 1933 - Paul Biya, político camerunés. 1933 - Patrick Godfrey, actor británico. 1933 - Kim Novak, actriz estadounidense. 1935 - Marcelino Oreja Aguirre, político e diplomático español. 1941 - Sigmar Polke, pintor e fotógrafo alemán. 1950 - Peter Gabriel, compositor e intérprete inglés. 1956 - Peter Hook, baixista inglés (Joy Division e New Order). 1968 - Kelly Hu, actriz estadounidense. 1973 - Miguel Poveda, cantaor de flamenco de orixe catalá. 1974 - Robbie Williams, cantante inglés. 1978 - Philippe Jaroussky, contratenor francés. 1979 - Dores Tembrás, escritora galega. 1979 - Germán Campos, futbolista galego. 1981 - David Gómez Martínez, atleta galego, especializado en décatlon. 1981 - Luke Ridnour, baloncestista estadounidense. 1985 - Iván Carril, futbolista galego. 1985 - J.R. Giddens, xogador de baloncesto estadounidense.
Mortes miniatura|150px|Luís Pimentel. miniatura|150px|Humberto Delgado. 721 - Khilperico II, rei de Neustria e rei dos francos (n. 672). 1130 - Honorio II, papa italiano (n. ?). 1332 - Andrónico II Paleólogo, emperador bizantino (n. 1260). 1542 - Catarina Howard, quinta esposa de Henrique VIII degolada. 1592 - Jacopo Bassano, pintor italiano (n. 1515) 1837 - Mariano José de Larra, escritor español (n. 1809). 1883 - Richard Wagner, compositor alemán (n. 1813). 1937 - Ángel Pérez Gándaras, farmacéutico e político galego. 1942 - Epitácio Pessoa, presidente brasileiro (n. 1865). 1943 - Alfredo Gómez Ollero, militar e maquis galego (n. 1905). 1943 - Benedicto Blanco, maquis galego (n. ?). 1956 - Ernestina Otero, mestra e pedagoga galega (n. 1890). 1958 - Avelino Rodríguez Elías, escritor e xornalista galego (n. 1872). 1958 - Luís Pimentel, poeta galego (n. 1895). 1965 - Humberto Delgado, militar portugués (n. 1906). 1990 - Manuel Rodríguez López, poeta, cronista e tradutor galego (n. 1934). 2004 - María Tobío, bibliotecaria e escritora galega (n. 1908). 2005 - Lúcia Santos, monxa portuguesa (n. 1907). 2018 - Suso Mosquera, sindicalista e político galego (n. 1943). 2024 - Xesús Mato, crego e musicólogo galego (n. 1932).
Festas e celebracións Día Mundial da Radio
Outros Fases da lúa 150px 2006 - Lúa chea
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro